InicioCulturaRedondela acolle a estrea do novo filme de Ignacio Vilar, 'María Solinha'

Redondela acolle a estrea do novo filme de Ignacio Vilar, ‘María Solinha’

Logo partirá a unha xira polo rural en autocine.

PUBLICADO O

- Advertisement -

‘María Solinha’, a nova película do cineasta Ignacio Vilar estréase este venres na praza do concello de Redondela, onde dará inicio a unha xira que levará a cinta a un centenar de localidades do rural ao longo deste verán.

“O cinema ten que seguir chegando á xente, hai que estar presente nos coloquios, presentando a película, falando coa xente”, sinala Vilar, director de cintas como ‘A Esmorga’ ou ‘Pradolongo’, que conta en ‘María Solinha’ unha historia que se move entre o século XVII e o XXI.

Redondela será a primeira parada da sétima longametraxe do cineasta galego, que dirixe a 29 actores e actrices nunha película rodada con ‘steady-cam’ e en plano secuencia.

A crise do coronavirus impediu que ‘Maria Solinha’ se estrease en cinemas na data prevista. Farao agora, tres meses máis tarde e cunha iniciativa innovadora que quere aprevechar as circunstancias actuais para achegar a sétima arte ao rural galego.

Un autocine ambulante traído desde Hong Kong percorrerá 100 localidades, algunhas no norte de Portugal e Castela e León, proxectando a película, que chegará a través desta vía a 70.000 espectadores, segundo os cálculos da produtora Vía Láctea Filmes.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...