InicioCulturaRedondela acolle a estrea do novo filme de Ignacio Vilar, 'María Solinha'

Redondela acolle a estrea do novo filme de Ignacio Vilar, ‘María Solinha’

Logo partirá a unha xira polo rural en autocine.

PUBLICADO O

- Advertisement -

‘María Solinha’, a nova película do cineasta Ignacio Vilar estréase este venres na praza do concello de Redondela, onde dará inicio a unha xira que levará a cinta a un centenar de localidades do rural ao longo deste verán.

O cinema ten que seguir chegando á xente, hai que estar presente nos coloquios, presentando a película, falando coa xente”, sinala Vilar, director de cintas como ‘A Esmorga’ ou ‘Pradolongo’, que conta en ‘María Solinha’ unha historia que se move entre o século XVII e o XXI.

Redondela será a primeira parada da sétima longametraxe do cineasta galego, que dirixe a 29 actores e actrices nunha película rodada con ‘steady-cam’ e en plano secuencia.

A crise do coronavirus impediu que ‘Maria Solinha’ se estrease en cinemas na data prevista. Farao agora, tres meses máis tarde e cunha iniciativa innovadora que quere aprevechar as circunstancias actuais para achegar a sétima arte ao rural galego.

Un autocine ambulante traído desde Hong Kong percorrerá 100 localidades, algunhas no norte de Portugal e Castela e León, proxectando a película, que chegará a través desta vía a 70.000 espectadores, segundo os cálculos da produtora Vía Láctea Filmes.

ÚLTIMAS

Piden case 5 anos de cárcere para un acusado de agresión sexual a un menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...