InicioSociedadeTui, Salvaterra de Miño, O Porriño e Salceda suspenden os campamentos de...

Tui, Salvaterra de Miño, O Porriño e Salceda suspenden os campamentos de verán para “salvagardar a seguridade de nenos”

A necesidade de manter as distancias de seguridade, a necesidade de uso de máscaras e a limitación de participantes, entre os condicionantes que levaron a tomar a decisión

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os concellos de Tui, Salvaterra de Miño, O Porriño, e Salceda de Caselas decidiron non organizar este ano os campamentos de verán para nenas e nenos, ao non poder “garantir a súa seguridade” e ante as limitacións de aforo nesta nova normalidade. A decisión únese á da Deputación de Pontevedra, que xa decidira suspender os seus,.

Con todo, contrasta esta decisión coa adoptada pola Xunta que, apela á seguridade para manter pechadas as escolas infantís e os colexios ata setembro pero, en troques, celebrará os campamentos de verán con certas limitacións a partir do 15 de xullo. Estes catro concellos defenden a decisión en que, para  a realización destas actividades, hai que gardar distancias de seguridade, uso de medidas de protección e un número máximo de 15 participantes por actividade, o que imposibilitaría dar entrada ás mesmas a moitas das crianzas interesadas.

“Os campamentos de verán son unha actividade lúdica complementaria, que cada ano organizan os nosos concellos, nalgúns casos en colaboración coas ANPAS dos colexios, para axudar á conciliación da vida familiar”, indican nun comunicado conxunto. Pero, este ano, din, a obriga de gardar a distancia de seguridade, as normas restritivas que impiden xuntarse grupos máis aló de 15 persoas ou o uso da máscara, “fai que estas actividades non poidan manter a esencia das mesmas”.

Ademais, estes concellos suliñan que, en determinadas idades e ambientes, é moi difícil poder obrigar a manter unhas normas de conduta molestas cando se trata de ocio. Así, e segundo as empresas do sector que consultaron “sería moi difícil poder salvagardar a seguridade dos nenos e nenas fronte á COVID-19, no caso de que puidese darse algún contaxio”.

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...