InicioSociedadeAsí está a situación do Sergas en Vigo: oito meses agardando para...

Así está a situación do Sergas en Vigo: oito meses agardando para iniciar un tratamento contra o cancro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Braulio Amaro leva oito meses tentando tratarse dun cancro de próstata. Meses de intertezas que provocaran que hai uns días decidira pesentar unha reclamación ante o Defensor do Paciente ao sentirse completamente rexeitado polo Sergas.

O seu caso comezou o 17 de outubro tras detectarlle un tumor na próstata e, desde entón, leva agardando por probas e resultados sen que se teña iniciado ningún tratamento.

A súa frustración foi a máis tras ler unha infomación remitida polo Sergas hai uns días na que presumía de que ningún paciente oncolóxico deixou de ser atendido durante a pandemia. Por iso, decidiu mandar unha carta a esta redacción:

************************************

As políticas do PP conducen a isto.

Unha crónica do paciente 469164

Son Braulio Amaro Caamaño ( nº historia clínica 469164 ), enfermo de cancro de próstata.

O 17 de Outubro foime comunicada a presencia dun tumor na próstata despois da realización da biopsia.

Uroloxía inicia o procedemento habitual neste casos:  Tratamento hormonal,Resonancia Magnética e Gammagrafía.

Despois de bastantes demoras e coas correspondentes reclamacións presentadas, de chegamos ao 23 de Decembro de 2019, Uroloxía me comunica que efectivamente teño cancro de próstata e que debo iniciar tratamento de Radioterapia no H. do Meixoeiro no Servizo de Oncoloxía Radioterápica, solicitando que se me faga unha PET Colina e se me asigna unha doutora do Servizo para o meu seguimento.

Outra vez demoras na realización da PET, atribuíbeis como as anteriores ao Sergas. Volta a presentar reclamación para que se me realice a PET.

Unha vez realizada a PET, realización dun TAC de simulación para iniciar o tratamento.

O 12 de Marzo son citado para consulta no Servizo do Hospital do Meixoeiro. Nesta  consulta se me informa que aparte do cancro na próstata aparecen  afeccións metastáticas na  cabeza do fémur esquerdo e  en vértebras e que precisan contrastar con Medicina Nuclear sobre a conveniencia de iniciar o tratamento de Radioterapia.

O 13 de Marzo se me comunica telefonicamente que realizada a consulta desisten do tratamento e se me indica que contacte con Uroloxía do Hospital A. Cunqueiro. Solicito cita e son convocado para o 1 de Abril.

Nesta consulta se me indica que realizada unha consulta con Oncoloxía Médica do A. Cunqueiro, teño que acudir o día 2 de Abril a consulta presencial en Oncoloxía Médica.

Nesta consulta se me informa e analizan as distintas posibilidades de tratamento, decantándose pola reanudación do tratamento de Radioterapia mais ten que consultalo co Servizo de Radioterapia do Meixoeiro.

O 6 de Abril se me comunica telefonicamente que hai plácet dos 2 Servizos para iniciar o tratamento e xa está solicitado formalmente o inicio deste.

O 8 de Maio son citado para consulta en Oncoloxía do Meixoeiro, na mesma se me indica que teño que realizar de novo o TAC de simulación e que o tratamento será en 2 fases para tratar na afeccións  primeira a zona da próstata e na segunda as afeccións metastáticas.

18 de Maio, realización do TAC de simulación.

Á vista de que non son citado, chamo ao servizo o 29 de Maio para coñecer cando está previsto inicio do tratamento. Son informado que nesta altura está en estudio de Dosimetría para saber o tipo de radiación. Pregunto se hai algunha data prevista e danme como referencia probábel o 16 de Xuño.

Presentada reclamación ao Sergas o 31 de Maio , a día de hoxe sen contestación.

Como se fora un sarcasmo, temos que ler no Faro de  Vigo do 17 de Maio : “El Chuvi logra mantener el tratamiento a todos los pacientes con cáncer durante la pandemia

Oncología extrema las precauciones para atender “al 100%” de los enfermos”.

Só pido que me traten coma un cidadán normal sen necesidade de enchufes…. e que destinen os recursos necesarios para atender á cidadanía con garantías.

Resulta obvio que, independentemente da situación de emerxencia sanitaria provocada polo Covid 19,  un cancro se non se trata a tempo ten un final anunciado.

Espero non estar nesa fase, somos persoas e non números nunha estatística.

Vigo 6 de Xuño de 2020

ÚLTIMAS

A paralímpica Susana Rodríguez: “Ter unha ‘Barbie’ serve para poder compartir a miña historia”

A triatleta española Susana Rodríguez recoñeceu que é "unha pasada" ter unha boneca 'Barbie'...

Empregados de Vitrasa volven manifestarse para pedir “un convenio digno” ante a “parálise” das negociacións

Empregados de Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte público de Vigo, saíron de novo este...

O Círculo de Empresarios avirte que o atraso do AVE do Eixo-Atlántico pon en risco outros investimentos

O Círculo de Empresarios de Galicia trasladou este venres a importancia de acelerar as comunicacións...

Un vehículo choca con outro e resulta envorcado en Vigo

O barrio vigués de Teis rexistrou na mañá deste venres un accidente de tráfico,...