InicioPolíticaCaballero fai balance de 11 anos de goberno: defende a súa política...

Caballero fai balance de 11 anos de goberno: defende a súa política social, carga contra a Xunta

Proclama que a cidade é "imparable" a pesar das "cambadelas" da Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo este mércores balance dos seus 11 anos á fronte do goberno municipal, nun acto no que, despois de repasar tódalas actuacións levadas a cabo desde 2007 e criticar duramente á Xunta, concluíu que o “o logro máis importante” foi que a urbe olívica séntese “por primeira vez na súa historia unha gran cidade”, e os seus veciños senten “orgullo, identidade e raíces”.

Así o manifestou o rexedor, nun acto celebrado no auditorio municipal de Praza do Rei, no que estivo rodeado polos 16 concelleiros que lle acompañan no goberno, ademais de representantes de asociacións veciñais, culturais, colectivos sociais, deportivos, etc.

Sen espazo para a autocrítica, Caballero debullou, durante algo máis unha hora, as principais actuacións do seu goberno nos últimos anos, empezando pola “transformación física” de Vigo: máis de 900 rúas “humanizadas”, das que 150 cambiáronse no últimos tres anos.

O alcalde tamén puxo en valor a instalación de 170 parques infantís novos ou renovados, 6.000 novas árbores no centro urbano, máis de 5.000 bancos para que os veciños poidan sentar e “gozar” nas rúas, 12 millóns de euros destinados a subvencionar tarxetas de bus urbano, novos pavillóns e pistas deportivas, accións de promoción turística e do comercio, bolsas de inglés e axudas para comedor e libros, cheques sociais para familias (para gastos de vivenda, alimentación ou subministracións enerxéticas), escolas infantís, ou dotacións culturais.

No seu repaso, Caballero fixo énfase en actuacións como a reforma de Balaídos, “un dos campos de fútbol máis importantes do mundo”; a nova depuradora, “que pagan o Concello e a UE”, porque a Xunta recuperará o investido e “sacará un beneficio de 25,6 millóns” (pola repercusión no canon de saneamento); o carril bici entre Teis e Samil; as actuacións do ‘Vigo Vertical’; ou os 50 millóns que, asegurou, o seu goberno destina a políticas sociais.

CRÍTICAS Á Xunta

As críticas á Xunta estiveron presentes durante toda a intervención do alcalde, quen non deixou pasar a oportunidade de deixar en evidencia a mala xestión ou os “problemas” que a administración autonómica pretende pór no camiño de Vigo.

Así, Abel Caballero lembrou que é o Concello o que actúa para mellorar as instalacións dos colexios, aínda que sexa competencia da Xunta; criticou a falta de apoio do goberno de Feijóo ao museo MARCO; incidiu en que a Xunta está “a obstaculizar” a construción dun pavillón en Matamá, e pon a “cambadela” a outros proxectos, como a peonalización de Porta do Sol ou a reforma de Gran Vía.

“Feijóo dirá o que queira, pero isto vaise a facer. Teñen pánico de que estea acabado antes das municipais”, aseverou, e avanzou que se instalará “outra rampla” mecánica desde Praza de América a Praza de España.

Na mesma liña, o alcalde afirmou que Vigo non ten agora en vigor o Plan Xeral de 2008 “porque Feijóo non quixo”, xa que o Concello propuxo a chamada ‘solución Parello’ e “a Xunta dixo que non, porque quería facer política”.

Tamén recalcou que o goberno galego “fixo unha lei contra Vigo para que os vigueses pagasen o transporte da xente de fóra” e que “paralizou a área Metropolitana”.

Finalmente, Caballero lembrou que, ao longo dos últimos anos, os vigueses tamén tiveron que saír á rúa a “defender” a súa cidade. Así, no seu balance referiuse ás mobilizacións contra a fusión das caixas de aforro, en apoio do aeroporto “que Feijóo quixo pechar”, en defensa do naval, da sanidade pública, ou en defensa da AVE a Madrid por Cerdedo. “E agora, co novo goberno, volvo comprometer o AVE”, engadiu.

“Todos xuntos somos imparables”, concluíu o alcalde, quen agradeceu o traballo do seu “gran equipo” de goberno, e puxo en valor o feito de que, grazas ao apoio cidadán, Vigo “tamén goberna na Deputación”.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...