InicioSociedadeAdif adxudica o retirado de pedra da vía no traxecto Guillarei-Redondela

Adif adxudica o retirado de pedra da vía no traxecto Guillarei-Redondela

Estas obras facilitarán as tarefas de mantemento da superestructura de vía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello de Administración de Adif autorizou a adxudicación do contrato de obras do traxecto Guillarei-Redondela, pertencente á liña férrea de ancho convencional Monforte de Lemos-Vigo ao seu paso pola provincia de Pontevedra.

Segundo informou Adif nun comunicado, o contrato foi adxudicado á compañía Contratas e Servizos Ferroviarios (COSFESA) por importe de 5.710.993,90 euros e conta cun prazo de execución de 10 meses e medio.

As obras, consistentes na retirada do balasto (pedra) da vía na súa totalidade ou parcialmente baixo as travesas, facilitará as tarefas de mantemento da superestructura de vía no relacionado coa xeometría e calidade.

Ademais, esta actuación “optimizará a drenaxe da vía” mediante a mellora das cunetas actuais e a construción doutras novas, o que “beneficiará á seguridade, calidade e fiabilidade do servizo ferroviario ao solucionarse os problemas que causan as precipitacións de auga sobre a plataforma”, destaca Adif.

O proceso realizarase con maquinaria pesada en todo o seu percorrido, exceptuando as zonas que non sexan operables pola máquina, nas que se empregarán outros métodos alternativos. En todo o tramo, procederase finalmente á nivelación e perfilado de vía, o que garantirá a súa correcta posición.

Con carácter xeral, tamén se acometerán actuacións sobre a drenaxe lonxitudinal e transversal da vía: limpeza e reperfilado de cunetas de terra; limpeza, reparación e colocación de tapas nas cunetas de formigón; execución de novas cunetas e limpeza das obras de drenaxe transversal.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...