InicioSociedadeOs veciños de Paramos recordan a explosión que cambiou as súas vidas...

Os veciños de Paramos recordan a explosión que cambiou as súas vidas “para sempre” hai dous anos

Lembran nun acto as dúas persoas que perderon a vida coa colocación dunha placa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os veciños da parroquia de Paramos e Guillarei, no concello pontevedrés de Tui, lembraron este sábado a explosión do almacén ilegal de material pirotécnico que o 23 de maio de 2018 cambiou as súas vidas “para sempre”.

Dous anos despois de que se producise esta traxedia, que afectou “a máis de 400 familias”, os veciños lembraron este sábado nun acto ás dúas persoas que perderon a vida coa colocación dunha pequena placa para que “nunca se esquezan as vidas inxustamente arrebatadas e o amor duns pais que non se recupera nin con todo o diñeiro do mundo”.

Por outra banda, tamén lanzaron unha mensaxe “de esperanza” a todos os afectados para “seguir unidos” ata “levantar a última pedra das súas casas e que, aínda que quedan veciños que ven lonxe o final”, non pararán “ata que todos poidan volver ao seu fogar”.

Despois de manifestacións, reunións con cargos políticos e “dous anos de dura batalla contra os muros da burocracia”, os veciños lembraron a “onda de solidariedade” que se creou entre Paramos e Guillarei para “reconstruír o barrio e as súas vidas”. Saben que “a xustiza é lenta” e non podían permitirse esperar tanto para “seguir pelexando”.

Con todo, non esquecen que hai familias que seguen vivindo de aluguer a través dunha prestación que cando finalice quedarán “desprotexidas ante un gasto que non saben como sufragar” e outras “que seguen esperando polas axudas do Concello para saber que será das súas vidas”.

Denuncian pasar “de ser afectados a apestados ante os demais veciños de Tui”, porque parece que non lles chega co que lles deron e que “sempre queren máis”. Con todo, os afectados queren deixar claro que só piden que necesitan “para pechar este amargo capítulo”.

Tamén fixeron fincapé en que os veciños sempre se mostraron “fortes” e que tras “pasar o seu propio inverno de inclemencias”, agora comezan a “rexurdir con esperanza no futuro”, concluíron.

ÚLTIMAS

Abel Caballero afirma que Zona Franca está a “salvar a ETEA” co novo aparcadoiro ante a “inacción” da Xunta

O alcalde de Vigo e presidente do Consorcio da Zona Franca, Abel Caballero, defendeu...

Asociacións veciñais de Vigo protestarán para rematar coas peaxes da AP-9: “Levamos 40 anos pagando mentres outras autoestradas son gratuítas”

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) convocou unha manifestación o...

Ana Pontón e Abel Caballero denuncian o “colapso” das urxencias en Galicia e cargan contra a política sanitaria da Xunta

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou ao PPdeG a "deixar de xogar...

Diminúe nun 40% a riqueza mariña das Illas Atlánticas

Un estudo de investigadores do Centro de Estudos Avanzados de Blanes (CEAB-CSIC) e da...