InicioSociedadeO Banco de Alimentos de Vigo recada máis de 80 toneladas de...

O Banco de Alimentos de Vigo recada máis de 80 toneladas de comida coa campaña ‘en liña’ #yoayudoalbancobueno

PUBLICADO O

- Advertisement -

O estado de alarma e as medidas de confinamento incrementaron as necesidades de numerosas familias e empuxaron á Fundación Banco de Alimentos de Vigo a pór en marcha unha Operación Quilo virtual, a campaña ‘en liña’ #yoayudoalbancobueno, que logrou recadar nun mes máis de 80 toneladas de alimentos.

Segundo trasladou esta ONG, os máis de 80.000 quilos de comida conseguidos, a través de compras solidarias (de cestas de 10, 20 ou 30 euros, ou doutras cantidades), supoñen “unha cifra extraordinaria e totalmente excepcional para a entidade”, que nunca antes puxera en marcha unha campaña de recollida virtual.

Desde a súa posta en marcha, a campaña #yoayudoalbancobueno sumou 2.300 doantes, e contou co apoio de rostros coñecidos como Amaro Ferreiro, Manuel Manquiña, Julián Hernández, Desirée Vila, Cómplices, Xosé Manuel Budiño ou Carlota Corredera, entre outros.

A Fundación Banco de Alimentos de Vigo agradeceu a participación de “tantas caras coñecidas” por “visibilizar a iniciativa a través de redes sociais”, así como o apoio de tantas persoas anónimas “e igual de importantes” para que a Operación Quilo virtual lograse “un éxito sen precedentes”.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...