InicioSociedadeRestan das cifras oficiais de contaxiados en Galicia 82 falsos positivos na...

Restan das cifras oficiais de contaxiados en Galicia 82 falsos positivos na área de Vigo

Os contaxios seguen aumentando en Galicia, 37 máis até os 2.727 casos activos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus en Galicia sitúase en 2.727, o que supón 37 persoas máis nas últimas horas, segundo os datos trasladados este venres pola Consellería de Sanidade, mentres que o número de pacientes curados aumentou en 179, ata os 7.138.

Os pasados mércores e xoves notificáronse datos inexactos sobre o número de casos activos na área sanitaria de Vigo, debido a que se incluíu como positivos a 82 profesionais sanitarios aos que se realizaron tests rápidos. Eses tests arroxaron ‘falsos positivos’, que quedaron rexistrados no sistema informático (e notificáronse ao Ministerio de Sanidade) aínda que, posteriormente, as probas PCR revelaron que non tiñan coronavirus.

Esa circunstancia fixo que as cifras de casos activos notificadas tanto o mércores como o xoves estivesen por enriba das reais. Este venres, unha vez emendado ese desaxuste, os casos rexistrados ascenden a 2.727.

Deses casos, 743 están na área sanitaria de Vigo (39 máis que o xoves), 655 na área da Coruña (12 máis), 432 na área de Ourense (18 menos), 470 na área de Santiago (22 máis), 167 na área de Lugo (3 menos), 142 na área de Pontevedra (9 menos) e 118 na área sanitaria de Ferrol (6 menos).

HOSPITALIZACIÓN E CURADOS

Sanidade tamén informou de que hai 26 pacientes ingresados en Unidades de Coidados Intensivos (UCI), dúas menos que o xoves, e outras 195 persoas noutras unidades de hospitalización (10 menos), mentres que ascenden a 2.505 os pacientes que permanecen en seguimento domiciliario.

Por outra banda, aumentou en 179 o número de persoas curadas, pasando de 6.959 a 7.138; e tamén se incrementou o número de probas PCR realizadas, que suman 111.600 (1.704 máis).

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...