InicioSociedadeEste é o prezo máximo que che poden cobrar por un xel...

Este é o prezo máximo que che poden cobrar por un xel hidroalcólico ou un antiséptico

O Goberno central acaba de fixar os prezos máximos que poderán cobrar os establecementos por mercar este tipo de produtos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno Central fixou o importe máximo de venda ao público dos produtos antisépticos de pel sa autorizados pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios ( AEMPS), para que os cidadáns poidan acceder en condicións económicas non abusivas a este produto de protección da saúde.

Os antisépticos de pel sa autorizados pola AEMPS, con demostrada eficacia virucida, terán un PVP (prezo venta público) máximo dependendo da cantidade que se adquira por envases:

  • Ata 150 ml. o custe máximo será de 0,032 €/ ml
  • De 151 ml. ata 300 ml., o custe máximo será de 0,023 €/ ml
  • De 301 ml. ata 1.000 ml., o custe máximo será de 0,015 €/ ml

Prezos con IVE incluído ou, no seu caso, o imposto de recarga equivalente correspondente.

Deste xeito o prezo máximo que poden cobrarte pola adquisición dun antiséptico sería:

  • Envase 150ml un prezo máximo de 4,8€
  • Envase de 300ml un prezo máximo de 6,9€
  • Envase de 500 ml un prezo máximo de 7,5€
  • Envase de 1000ml un prezo máximo de 15€
Prezos máximos venta ao público de productos antisépticos para a pel sa | Fonte Ministerio de Sanidade

Así o acordou a Comisión Interministerial de Prezos dos Medicamentos ( CIPM), órgano colexiado do Ministerio de Sanidade, na súa reunión do pasado 28 de abril.

A CIPM tamén acordou realizar unha revisión á alza do prezo dos xeles e as solucións hidroalcohólicas con autorización temporal da AEMPS. O PVP máximo estableceuse hai uns días e agora revísase para facilitar a dispoñibilidade destes produtos. Tal e como indica a Resolución do 22 de abril de 2020, os “importes máximos quedan suxeitos a futuras revisións por esta Comisión, atendendo á evolución dos prezos de mercado”.

Desta maneira, os formatos de:

  • Ata 150 ml., o custe máximo será de 0,025 €/ ml.
  • De 151 ml. ata 300 ml., o custe máximo será de 0,021 €/ ml.
  • De 301 e ata 1.000 ml., o custe máismo será de 0,0015 €/ml.

Según isto os prezos máximos que deberían cobrarte por un xel hidroálcólico sería de:

  • Envase 150ml un prezo máximo de 3,75€
  • Envase de 300ml un prezo máximo de 6,3€
  • Envase de 500 ml un prezo máximo de 7,5€
  • Envase de 1000ml un prezo máximo de 15€

Estes prezos, que se publicarán no BOE a través dunha resolución nos próximos días, forman parte das medidas excepcionais para garantir o acceso da poboación aos produtos de uso recomendados como medidas hixiénicas para a prevención de contagios polo COVID-19, que estableceu a Orde SND/354/2020.

ÚLTIMAS

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...