InicioSociedade“Traballo no PAC da Cañiza e teño que ir facer o test...

“Traballo no PAC da Cañiza e teño que ir facer o test da COVID-19 a Vigo logo de traballar 24 horas”

A situación desta traballadora quedou resolta o 3 de maio, logo da súa denuncia en redes sociais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha traballadora do PAC da Cañiza acusou á directora de Atención Primaria de “poñer en perigo” a vida dos profesionais por non querer facerlle os test rápidos no lugar de traballo e obrigalos a desprazarse a Vigo. Algúns traballaron todo o día sendo positivos da COVID-19 sen sabelo, porque a Xunta realiza os test ao finalizar as quendas de traballo, e non antes de incorporarse co risco que iso supón para o resto de profesionais e para os pacientes non contaxiados.

A.G é sanitaria do PAC da Cañiza. Cando soubo que o martes da pasada semana comezaron a facer test rápidos para os profesionais da sanidade, chamou para pedir cita. Nun comezo, o Sergas anunciou que desprazaría persoal para facer esas probas in situ, pero cando chamou, dixéronlle que tiña que desprazarse ao Meixoeiro.

“Chamáronme por teléfono para citarme para o test o próximo luns –este luns pasado– ás 9’30. Comunícolle que o luns non podo ir, posto que teño garda de 24h o domingo e sería moi perigoso coller o coche dende A Cañiza ata o Meixoeiro e logo volver a Ponteareas, que é onde vivo. Lonxe de sorprenderse, comunícame que xa o saben, pois de feito só lle mandaron convocar para o luns ao persoal que está de garda o domingo, incluso de Cangas e Moaña”, asegura nas súas redes sociais.

Ante esta resposta, esta profesional decide chamar a Pilar Reza, directora de enfermaría e a súa superior. Ao non poder pasar con ela pásanlle con Mar de la Peña, que é a Subdirectora de Enfermaría de Atención Primaria. “Comunícolle a gravidade do problema e, botando balóns fora, di que quen organiza iso é a Directora Atención Primaria. Vamos que lle dá igual e que se tal avisará da miña demanda”, indica.

A profesional decide entón chamar ao xefe do Servizo de Medicina Preventiva, Víctor del Campo, poñendo no seu coñecemento o risco que está a correr ela e outro persoal ao ter que desprazarse en coche despois de traballar 24 horas. “Está de acordo en que é unha irresponsabilidade, pero que non pode facer nada e pregunta se non teño quen me leve”, apunta.

Ante estas respostas esta profesional ten que lembrarlles aos seus superiores que “a obriga de Medicina Preventiva é velar pola seguridade do persoal”, que en caso de accidente, “sería in itínere, por tanto accidente laboral e demandable” e que “poría en coñecemento da prensa a irresponsabilidade do SERGAS, da Dirección de Enfermaría e do Servizo de Medicina Preventiva ao poñer en serio perigo a vida dos profesionais”.

Traballadoras de Sanidade © Miguel nuñez

MÁIS IMPRUDENCIAS

Esta enfermeira tamén lembra que os primeiros test que se fixeron na UCI (tralo uso das máscaras retiradas), fixéronse antes de empezar a quenda laboral dos sanitarios. Houbo varios positivos e, consecuentemente, os traballadores tiveron que abandonar o seu posto e marchar para casa a gardar corentena. Pero, os seguintes test xa se encargaron de facelos ao rematar a xornada laboral. “Os positivos marchaban de baixa, pero despois de facer a súa xornada”, puntualiza.

Unha situación que foi corroborada tamén por outros profesionais que apuntaron na mesma dirección no canto á realización dos test na finalización das quendas “En mi caso, llamaron también a mi marido saliente de guardia, estaba durmiendo…..para hacerse el test el lunes ,también saliente de guardia 24horas” apunta N.P.G.

“O que es relevante de este caso es saber el motivo por el cual fueron citados un número importante de profesionales que curiosamente están salientes de guardia y eso bajo mi punto de vista es imperdonable” sinala na mesma liña M.E.

Por iso, tamén critica que o Sergas aproveite mesmo unha xornada laboral antes de tentar mirar pola saúde do seu persoal e o da xente. “Respecto aos PAC, se fan o test nun saínte de garda e dá positivo, o traballador cumpriu a súa xornada e marcha para casa, perdendo só unha garda!!!”, asegura.

A DIRECTORA NEGA OS FEITOS

Pola súa banda a directora de enfermaría Mara de La Peña negou os feitos denunciados “Deseo aclarar que, de todo lo vertido en dicho hilo en relación a la directora y subdirectora de enfermería tan solo es cierta la llamada telefónica que recibí a las 13, 34 horas del jueves.” , e asegurou que se puxo en contacto coa afectada para modificar a cita.

“Tras las gestiones realizadas solo se citó a aquellas personas que habían aceptado la cita, a las demás se les irá citando en otras fechas próximas. Por último, dejar claro que a las 15,48 horas del jueves estaba todo resuelto.”

A.G contactou con este xornal para deixar claro que a situación resolveuse o pasado domingo 3 de maio, cunha chamada por parte da Subirectora “xa me dixo que non tiña que facer o test o luns, que me chamarían para cambiarme a cita. O luns á saída da garda, sobre as 8:30, chamáronme e fun hoxe a facer o analisis.”

Pola súa banda reiterou os feitos denunciados no seu día “Eu non minto e reitero o agradecemento á celeridade, pola súa parte (en relación á directora Mar de la Peña, na resolución tomada para protexer ao persoal, xa que foi esa a miña única pretensión. Non busco minutos de gloria, porque non me fan falta. Tería agradecído ter sido incluída entre esas recitación.”

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...