A área sanitaria de Vigo ten 773 casos activos pola COVID-19, do total de 3.187 casos activos na Comunidade, 771 correspóndense coa área sanitaria da Coruña, 222 coa de Lugo, 613 coa de Ourense, 186 coa de Pontevedra, 475 coa de Santiago e 147 coa área sanitaria de Ferrol.
Estes datos da Consellería de Sanidade evidencian que os diagnósticos de coronavirus diminuíron un 1,49%, pero isto supón unha caída menor que a rexistrada a pasada xornada (3,6%) e que a anterior (3,8%). O mesmo sucede coas persoas dadas de alta, a pesar de que hai un 1,57% máis, o balance é menor que o do sábado (2,8%) e o venres (4,3%).