InicioSociedadeCando rematará a pandemia do COVID19 en España?

Cando rematará a pandemia do COVID19 en España?

Esta é a previsión feita pola Singapore University of Technology and Design (SUTD)

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Singapore University of Technology and Design (SUTD) lanzou un proxecto de seguimento preditivo continuo da evolución do COVID19 no mundo, que ofrecen como complemento para o seguimento de casos confirmados. O sistema de predicción utiliza o modelo matemático SIR para estimar as curvas de ciclo da pandemeia e ter deste xeito unha visión de cando remataría en cada país.

Según este modelo matemático, e en función á evolución histórica da pandemia no noso país, o sistema establece o 2 de maio de 2020 como o momento no que a reducción achegaríase ao 97% da curva e o 2 de agosto de 2020 como a data de finalización do 100% dos casos activos no país.

En azul a situación actual. A liña laranxa amosa a predicción. Datos actualizados a día 28 de abril de 2020 | ® SUTD

O estudo advirte que o contido e análise que fan é estrictamente con fins educativos e de investigación e pode conter erros xa que as realidades de cada páis son complexas, evolucionan con rapidez e son moi heteroxénas. Engaden que o exceso de optimismo baseado en análises pode provocar unha relaxación nas medidas de seguridade adoptadas e por en, un revés na loita contra o virus, por iso piden utilizar estes datos con precaución.

A metodoloxía de análise, teoría, están recollidos neste traballo traballo .

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...