InicioSociedadeA Asociación Española de Pediatría pide estar alerta sobre os síntomas de...

A Asociación Española de Pediatría pide estar alerta sobre os síntomas de shock pediátrico

Os cativos presentan un cadro de proceso inflamatorio agudo grave con erupcións cutáneas, insuficiencia renal e problemas estomacais con vómitos e diarrea

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Española de Pediatría ( AEP) remitiu un comunicado interno aos profesionais pediatras e a outros médicos, en relación a “Alerta sobre casos de shock pediátrico”.

Depois da alerta lanzada pola NHS e os casos aparecidos en Italia, Bélxica, e Francia sobre a aparición dun cadro sintomatolóxico de vasculite nos nenos e neas pequenas, e que está provocando o ingreso en UCI, a AEP fai un chamamento á calma pero en alerta para recoñecer estes síntomas.

Advirten que o cadro clínico é moi infrecuente, e describíronse moi poucos casos en España e seguen insistindo que a gran maioría das ocasións a COVID-19 cursa de forma leve nos nenos.

O cadro clínico caracterízase por febre, vómitos, inicialmente ou só con dor abdominal, erupción na pel, os ollos arroibados e mal estado xeral.

Non sabemos aínda a causa, pero pode estar desencadeado por infeccións bacterianas e ten un tratamento ben establecido, independientemente do tipo de axente infeccioso que a cause.” sinalan no comunidado.

Engaden que están a recompilar toda a información existente e con evidencia científica ben documentada ao redor deste cadro clínico pediátrico que se está describindo en diferentes países.

Lembran aos pais a relevancia de que estean atentos aos síntomas de alarma dos nenos, tanto pola COVID-19 como por outras patoloxías que supoñan un motivo para acudir ás urxencias pediátricas.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...