InicioSociedadeLo revendible, un negocio vivo en Vigo tras 113 anos... E continúa

Lo revendible, un negocio vivo en Vigo tras 113 anos… E continúa

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cambia de ubicación logo de máis dun século Lo Revendible… Tenda con nome, con soleira e con moita historia de Vigo. Tanta que leva máis de 113 anos servindo aos vigueses… E continúa. Pero este negocio de peles, roupa e bolsos cambia de rúa tras máis dun século. Deixa o número 4 de Abeleira Menéndez, para instalarse no 47 da Rúa Ecuador.

Alí poderá verse a Antonio Domínguez, o seu propietario, da empresa de Ourense Bermejo Eulogio Galicia, creada en 1962 e que se fixo con La Revendible, hai 27 anos. E desde entón fornece materiais a artesáns, tapiceiros, xentes do mar ou material de reparación de calzado a zapateiros. Tamén fai pequenos arranxos en roupa, calzado ou bolsos.

mudanza no revendible © Miguel Nuñez

A tenda, que abriu no 1907 dedicada á venda de curtidos, tivo que cambiar de ubicación porque os propietarios do edificio onde se atopaban ata agora queren rehabilitalo. “Acabou o contrato e non nos renovaron”, indica Antonio Domínguez. “Pero nós seguiremos co mesmo nome que hai 113 anos, co mesmo tipo de negocio, aínda que noutro sitio”, destaca en declaracións a Xornal de Vigo.

E, a pesar da crise do COVID-19, Lo Revendible seguirá dando servizo a artesáns, modistas e xente do mar. “Vai ser complicado tras o COVID-19 pero as cousas volverán ao rego. Por iso abriremos de novo”, di confiado Antonio agardando ver aos seu clientes pola rúa Ecuador.

Votando o peche do Revendible © Miguel Nuñez

ÚLTIMAS

Sanidade garante a atención aos usuarios de Povisa e abre unha investigación polas denuncias de falta de médicos

A Consellería de Sanidade reiterou este venres que os usuarios do hospital vigués Hospital...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

O Goberno inicia en Vigo a construción dunha planta de fotónica vinculada á Universidade de Vigo

O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, participou este...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...