InicioSociedade(Vídeo) Así chegou o COVID-19 a Galicia... podería estar xa desde febreiro

(Vídeo) Así chegou o COVID-19 a Galicia… podería estar xa desde febreiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

3 de marzo. Saltan as alarmas en Galicia. As probas realizadas a un home de 49 anos dan positivo. Acudira dous días antes ao Complexo Hospitalario da Coruña cunha neumonía vírica e o seu estado era xa grave. Chegara a Galicia dous días antes, o 29 de febreiro, de Madrid nun coche compartido para realizar unha entrevista de traballo en Inditex. A Xunta di que a situación “está controlada” por que o caso é importado e que o “virus non circula” por Galicia.

Mes e medio despois daquel primeiro caso, a situación en Galicia é moi diferente. Hai máis de 6.300 contaxiados e case 460 mortes este luns. Moitos contaxiados tras o gran foco que estoupou en Madrid. Pero, realmente, ese home ingresado o 3 de marzo de 2020 era o paciente 0 de Galicia?.

Grazas aos numerosos estudos que se están realizando nas ultimas semanas podemos saber que a COVID-19 estaba xa en Galicia antes dese suposto paciente 0, e tamén antes de marzo. Así o recolle, cando menos a información proporcionada por NextStrain, un proxecto de código aberto con información pública de hospitais e laboratorios de todo o mundo.  A plataforma, na que participa unha vintena de científicos, rastrexou as distintas mutacións do virus e creou unha árbore filoxénica en tempo real para determinar como se está propagando. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...