InicioSociedade“A situación na residencia de Panxón é unha bomba e poden estar...

“A situación na residencia de Panxón é unha bomba e poden estar todos contaxiados”

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Isto vai ser unha bomba sucia”. Así describen os familiares de usuarios de residencias de maiores a situación na Residencia Tempo Libre de Patos (Nigrán) da Xunta. Este centro foi habilitado polo Goberno galego para trasladar aos maiores non contaxiados –é dicir que deran negativo nas probas– das residencias DomusVi Aldán de Cangas e DomusVi Barreiro de Vigo, intervidas por Política Social ante o gran número de contaxios.

Pero a aparición de dous positivos, a pesar de que a Xunta di que antes do traslado se lle realizaron ata tres probas, reavivou a tensión entre os familiares que denuncian falta de protocolos e critican duramente a xestión que o Goberno galego está facendo da situación. “E se hai novos casos que van facer?, derivalos a todos novamente aos centros de Vigo e Cangas como estes dous?… Isto é de tolos”, apunta un dos familiares consultados por Xornal de Vigo.

De feito, confirma que se o coronavirus entrou nunha residencia “é moi difícil que non haxa máis contaxiados”. “-Se entrou na residencia tedes mal panorama. O panorama é moi negro-. E iso díxomo o xefe de epidemioloxía dun hospital galego”, indica. E, resulta que o centro habilitado pola Xunta en Panxón é o menos dotado de todos para afrontar unha nova onda de contaxios.

DE ONDE VEÑEN OS CONTAXIOS

Este familiar confirma que o pasado luns falou con persoal da residencia de tempo libre Patos e foron eles mesmos os que lle confirmaron que comezaran a traballar no centro sen realizarse ningún tipo de probas, nin PCR, nin test rápidos. “Dixeron que lles ían facer probas nos días sucesivos”, engade.

Unha versión que se contradí coa de Política Social que insiste en que os residentes que deron positivo, como aos outros 20 usuarios que chegaron de Aldán e Barreiro se lle fixeron dúas probas PCR e deron negativo. “Probas que tambén se realizaron a todo o persoal que actualmente está en Patos dando negativo”, engade.

As fontes consultadas por Xornal de Vigo suliñan que os traballadores non dispoñen de EPI e que só traballan con guantes e máscaras. “Tanto os usuarios como o persoal da residencia de Patos seguen estritamente todos os protocolos de protección, limpeza e distancia recomendados polas autoridades sanitarias”, insisten desde a Xunta. “Pois entón hai que saber onde se contaxiaron porque se os traballadores din que cando comezaron a traballar non se lles fixeran as probas e a Xunta di outra cousa, a ver quen é o mentireiro”, puntualizan os familiares.

ÚLTIMAS

A Policía Local de Vigo corta a rúa Santa Tegra en Teis polo risco de derrube dunha fachada

A Policía Local de Vigo cortou á circulación un tramo da rúa Santa Tegra,...

Piden cárcere para un vigués acusado de alzamento ao renunciar á súa herdanza

A sección do Penal do Tribunal de Instancia, praza 1 de Vigo, acollerá este...

Vigo desembarca en Fitur co lema ‘Un Nadal de 365 días’ e a aposta por converterse nun gran plató de cinema

A cidade de Vigo presentará a súa oferta turística en Fitur este xoves, baixo...

As PAC de Vigo atenderon máis de 14.500 urxencias durante o Nadal

Os puntos de atención continuada (PAC) da área sanitaria de Vigo atenderon un total...