InicioSociedadeA Policía Local de Vigo sanciona a 38 persoas por incumprir o...

A Policía Local de Vigo sanciona a 38 persoas por incumprir o confinamento

Abel Caballero lembra a necesidade de respectar as restricións de mobilidade impostas, dado que "está en xogo a saúde de moita xente".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo sancionou a 38 persoas por incumprir o confinamento decretado no marco do estado de alarma este domingo, ademais de realizar 382 controis de vehículos.

Diso informou o alcalde, Abel Caballero, quen precisou que se localizou a dous pasaxeiros que viaxaban nun autobús urbano sen apearse en ningunha parada, así como a un home que paseaba pola zona de Samil.

Tamén se sancióno a dúas nais que sacaron os seus fillos á rúa, a outro home localizado no parque das Coutadas mentres tomaba unha cervexa e a un grupo de mozos reunidos na vía pública. Ante esta situación, o rexedor olívico volveu a incidir na necesidade de respectar as restricións de mobilidade impostas, dado que “está en xogo a saúde de moita xente”.

Noutra orde de cousas, dado o levantamento da suspensión das actividades consideradas non esenciais por parte do Goberno central, Abel Caballero explicou que este luns se renovaron as obras do pavillón de Quirós, a Estrada Porto, a humanización de Juan Bastos e varias melloras de vías.

Así mesmo, este martes retomaranse os traballos en Porta do Sol, a Gran Vía, rolda de Don Bosco, a Muralla do Castro e a estación intermodal. Posteriormente, continuaranse as obras do carril bici Teis-Samil e licitaranse humanizacións no rural e as rúas de Serafín Avendaño, Heraclio Botana e Roupeiro, así como a do ascensor de Pi i Margall.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...