Tony Lomba, o cantante vigués que todos os venres sae a cantar ao seu balcón en Bouzas (e retransmite o seu concerto por internet), protagonizou onte unha entrevista no programa El Intermedio con Dani Matero
Altofalantes, atril… nada lle falta a este cantante e showman para amenizar as tardes dos venres en Bouzas. Dani Mateo quixo charlar con el, tras descubrilo nun vídeo que se volveu viral.
O artista asegura que está “a gozar deste Guantánamo” e que se sae a cantar é por petición popular. “Ao segundo ou terceiro día, cando saímos a aplaudir empezáronme a corear e non puiden dicir que non”, conta.
Agora xa toda a veciñanza sabe quen é “Hai veciños que non os coñezo e déixanme agasallos na porta: un ramo de flores, un debuxo dunha nena, unha cazola de callos ou mesmo unha empanada“.
Iso si, á hora de actuar di que o fai cos ollos pechados, porque sofre vertixe. #Ante esta confesión Dani Mateo aconséllalle entre risas: “Non se che ocorra facer iso de saltar do escenario como fan os cantantes nos concertos”.
Por último, Tony Lomba fraseu o seu hit con Eladio Santos: “Hoy es un día especial”
