InicioSociedadePonteareas quere limitar a 200 metros os paseos a cans malia que...

Ponteareas quere limitar a 200 metros os paseos a cans malia que a restrición non a permite a Secretaría de Estado de Seguridade

A Secretaría de Estado de Seguridade xa recordou aos concellos que non teñen potestade para emitir esas normas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Ponteareas emitiu un bando no que se recollen instrucións relativas aos animais de compañía e, nel, establécense límites de espazo para sacar aos cans, franxas horarias para pasear aos cans e normas de limpeza. Algo que non permite a Secretaría de Estado de Seguridade, que xa avisou a todos concellos de España que “as administracións locais unicamente están facultadas para a adopción de medidas que sirvan para a execución das ordes directas da autoridade competente”.

Concretamente, segundo o bando do Concello de Ponteareas, os cans deberán saír co seu propietario ou titular e, de non poder ser iso posible, haberá que xustificalo de forma detallada.

A persoa que saia co seu can non poderá afastarse máis aló de 200 metros e deberá pasar o tempo “mínimo imprescindible” no exterior. As franxas dispostas son: de 8 a 10, de 14 a 16 e de 21 a 23 horas.

O acompañante do animal deberá levar unha botella de auga con deterxente para limpar os ouriños e unha bolsa de plástico para recoller os excrementos.

Ante estas instrucións, o PSOE da localidade puxo en dúbida a “legalidade” deste bando e advirte de que non foron tratadas na comisión de seguimento da covid-19. Para os socialistas, contén “medidas tan polémicas” como a limitación do paseo dos animais: “De haber excesos nos paseos de mascotas, deben tratarse de forma particular, sen ter que castigar a todos”.

ACTUAR BAIXO O MESMO PATRÓN

Pola súa banda, fontes municipais xustificaron esta normativa pola “ausencia” de concreción nas medidas adoptadas polo Goberno central.

Así, indicou que se trata dun bando, previamente comparado con outros doutros municipios (como Xixón), que recolle normas de “interpretación” para que a Policía actúe “baixo o mesmo patrón” e criterio, fronte ás directrices xerais marcadas pola Dirección Xeral de Dereitos dos Animais.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...