InicioSociedadeTrinta e dúas persoas son sancionadas pola Policía Local por incumprir o...

Trinta e dúas persoas son sancionadas pola Policía Local por incumprir o confinamento

En total xa son 541 sancións interpostas en Vigo, e tamén se comprobou que os condutores dos 1.060 vehículos controlados nesa data respectaban o decreto do estado de alarma ao axustarse ás excepcións que permiten a circulación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo sancionou este martes a 32 persoas por incumprir o confinamento e, desde a entrada en vigor do estado de alarma decretado pola crise sanitaria, xa interpuxo 541 denuncias por este motivo.

Así o detallou o alcalde, Abel Caballero, mediante declaracións remitidas aos medios nas que concretou que, na xornada deste martes, identificouse a 363 persoas que circulaban pola rúa. Así, precisou que se localizou a un individuo que acudía a visitar a un familiar na rúa Isaac Peral e a outro que paseaba pola zona de Guixar.

Tamén indicou que foi preciso controlar o aforamento do mercado de abastos da rúa Coruña, ademais de identificarse a unha persoa que abandonou a súa vivenda para realizar unha queima de restrollos en Camiño do Pazo.

Ademais, comprobouse que os condutores dos 1.060 vehículos controlados nesa data respectaban o decreto do estado de alarma ao axustarse ás excepcións que permiten a circulación.

Ante esta situación, o alcalde insistiu na necesidade de realizar as “mínimas” saídas posibles mediante, por exemplo, a realización de compras que permitan evitar acudir ao supermercado durante varios días. Con todo, non considerou conveniente establecer un gasto mínimo nestes establecementos para disuadir á cidadanía de acudir sen necesidade ao entender que podería prexudicar ás persoas con poucos recursos.

En canto aos paseos de cans, que si están permitidos, chamou a utilizar o “sentido común” para non levar aos animais de compañía “a un quilómetro de distancia” do domicilio do seu propietario. Así, sinalou que os axentes solicitaron a identificación de persoas que pasebaan ás súas mascotas para comprobar se se atopaban nas inmediacións do seu domicilio.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...