InicioSociedadeMáis de duascentas persoas sancionadas en Vigo por non cumprir co confinamento

Máis de duascentas persoas sancionadas en Vigo por non cumprir co confinamento

Segundo datos da Delegación do Goberno, só na primeira semana do estado de alarma, do 16 ao 22 de marzo, producíronse en Galicia 42 detencións e realizáronse 3.384 propostas de sanción por parte de todos os corpos policiais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo acumula ata o de agora 256 denuncias por incumprimento das medidas de restricción para facer fronte ao coronavirus. A primeira cidade galega en sancións é Ourense con 355 denuncias. Ambos os dous datos eran cifras a primeira hora do 27 de marzo.

As policías municipais das principais cidades de Galicia tramitaron, desde que se decretou o estado de alarma e estableceuse a obrigación de confinamento domiciliario, 1.112 denuncias contra persoas que vulneraron esa medida.

As denuncias tramitáronse por transitar pola vía pública sen causa xustificada, por viaxar en coches máis dunha persoa, ou por manter abertos establecementos que non se contemplan como esenciais no Real Decreto do estado de alarma. mentres que a Policía Local de Ferrol tramitou 135 denuncias.

A terceira cidade por denuncias é Ferrol con 135, A Coruña, con 118; Pontevedra, con 114 (ata o 27 de marzo); Santiago con 70 denuncias; e Lugo con outras 64 propostas de sanción (ata o 25 de marzo).

A todas estas denuncias hai que sumar as tramitadas por outros corpos de seguridade como Policía Nacional, Garda Civil e Policía Naval, do Corpo de Infantaría de Mariña (no caso de Ferrol). Segundo datos da Delegación do Goberno, só na primeira semana do estado de alarma, do 16 ao 22 de marzo, producíronse en Galicia 42 detencións e realizáronse 3.384 propostas de sanción por parte de todos os corpos policiais.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...