InicioSociedadeUn home de 57 anos falece por COVID-19 no Álvaro Cunqueiro

Un home de 57 anos falece por COVID-19 no Álvaro Cunqueiro

Xunto a unha muller de 89 anos, xa son 38 as vítimas mortais desta pandemia en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O balance da pandemia de coronavirus en Galicia alcanza as 38 vítimas mortais co falecemento dunha muller de 89 anos que estaba ingresada en Santiago e un home de 57 que era atendido en Vigo.

En concreto, a muller falecida estaba no compostelán Hospital Policlínico da Rosaleda e o home no vigués Hospital Álvaro Cunqueiro e aínda que ambos foran diagnosticados de coronavirus, tiñan varias patoloxías previas, tal e como informan as autoridades sanitarias.

Este xoves faleceron tamén outros tres homes: un de 74 anos de idade que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e outros dous de 87 anos asistidos no Complexo Hospitalario de Ferrol (Chuf) e no Hospital Policlínico A Rosaleda. Todos eles presentaban patoloxías previas.

O mércores faleceron seis homes, un deles sen patoloxías previas destacadas, que tiña 84 anos de idade e estaba ingresado no Hospital Virxe da Xunqueira, do municipio coruñés de Cee.

 

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...