InicioSociedadePetición ao concello vigués para reducir ao mínimo os servizos non esenciais...

Petición ao concello vigués para reducir ao mínimo os servizos non esenciais logo do positivo dun traballador de xardíns

Tamén propoñen que se estuden exencións en tributos locais para o conxunto da cidadanía, incluídos autónomos e empresas, e que se constitúa unha mesa de diálogo dos grupos municipais cos axentes sociais e económicos da cidade, entre outras medidas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marea de Vigo e BNG solicitaron no comité de seguimento do Covid-19 creado no Concello de Vigo que se reduzan ao mínimo os servizos municipais que non sexan esenciais, despois de que un traballador da concesionaria de parques e xardíns dese positivo na proba do coronavirus.

Marea de Vigo reclamou que se decreten servizos mínimos para esa concesión municipal, e o goberno local adiántese á empresa, antes de que esta presente un expediente de regulación de emprego. A ese respecto, pediu que o persoal “se reoriente a labores de desinfección”.

Na mesma liña, o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, reclamou que se reduza “toda actividade” naqueles servizos municipais “que non sexan esenciais“, incluídos os prestados por concesionarias.

O edil nacionalista pediu ao goberno local que adopte medidas para que esta redución de actividade non se traduza nun impacto no emprego dos persoais desas empresas que prestan servizos ao Concello.

MEDIDAS DE CHOQUE

Por outra banda, tanto BNG como Marea de Vigo reclamaron a posta en marcha de medidas de choque para frear un posible avance do coronavirus na cidade.

Así, Pérez Igrexas solicitou que se garanta a subministración de equipos de protección para os traballadores que desempeñen o seu labor en centros de maiores, centros de menores e de atención a discapacidade, á vez que pediu tamén que se suspenda “toda a obra pública que non sexa urxente”.

Marea de Vigo presentou un plan “de choque” con medidas de tipo social, de prevención ou económicas. Entre elas, ademais de paralizar as obras públicas, expón que se esixa ás concesionarias e subcontratas as máximas medidas de protección para os traballadores, que se reforcen os servizos de atención a persoas vulnerables, que se habilite un “segundo albergue”, ou que se amplíe o fondo de axudas municipais de emerxencia.

Tamén propoñen que se estuden exencións en tributos locais para o conxunto da cidadanía, incluídos autónomos e empresas, e que se constitúa unha mesa de diálogo dos grupos municipais cos axentes sociais e económicos da cidade, entre outras medidas.

ÚLTIMAS

Investigan a procedencia dos ósos humanos atopados nas proximidades dun cemiterio en Baiona

A Garda Civil investiga a procedencia duns ósos humanos que apareceron na mañá do mércores nas...

Detido en República Dominicana un home condenado por violar e gravar a unha moza en Vigo tras fuxir de España

A Policía Nacional de República Dominicana detivo nas últimas horas a Miguel Ángel Wilson, de...

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...