InicioSociedadePiden que o xulgado Social 3 de Vigo siga pechado tras un...

Piden que o xulgado Social 3 de Vigo siga pechado tras un positivo na familia dun funcionario

o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) trasladou este xoves que, segundo acordo da Comisión de Seguimento da crise sanitaria Covid-19, o peche de órganos xudiciais só se realizará cando así o dedica a autoridade sanitaria competente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos CIG e Alternativas na Xustiza-CUT reclamaron que se manteña o peche do xulgado do Social 3 de Vigo, que permanece clausurado desde hai uns días para ser sometido a unha desinfección, despois de que a filla dun traballador dese positivo na proba do Covid-19.

Desde a CIG pediuse que se aplique “o principio de cautela” e se manteña o peche desas instalacións “ante o risco de que se produza un contaxio” de coronavirus, e lamentaron que a administración teña “intención” de renovar a actividade no xulgado o vindeiro luns.

O sindicato nacionalista apuntou que este xulgado non é “esencial” porque “hai outros cinco xulgados do Social funcionando” en Vigo, e lembrou que “o normal é que se manteña ao persoal nas súas casas por se aparcen síntomas da enfermidade”.

Na mesma liña, Alternativas na Xustiza-CUT mantén que só deberían estar abertos os xulgados de garda e, con respecto á sala do Social 3, coincidiron en reclamar que permaneza clausurada “mentres non fagan as probas a todos os traballadores ou pasen a corentena”.

Pola súa banda, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) trasladou este xoves que, segundo acordo da Comisión de Seguimento da crise sanitaria Covid-19, o peche de órganos xudiciais só realizarase cando así o dedica a autoridade sanitaria competente, que no estado de alarma corresponde á Delegación do Goberno.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

O Festival de Cans supera os datos da pasada edición, con 235 obras inscritas

O Festival de Cans, que celebrará o seu XXIII edición na aldea de Cans...

Mar remata as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría de Vigo para avaliar o impacto dos temporais e da baixada da salinidade

A Consellería do Mar concluirá este venres as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría...

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...