InicioSociedadeVigo habilitará pavillóns para as persoas senteito que non acudan aos albergues

Vigo habilitará pavillóns para as persoas senteito que non acudan aos albergues

O Concello de Vigo acordou este domingo pechar ao público o parque de Castrelos, o recinto amurallado do parque do Castro, o paseo de Samil e todas as praias da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno local de Vigo habilitará desde este luns pavillóns deportivos nos que acollerá as persoas senteito que non acudan ao albergue municipal ou ao dos Misioneiros dos Enfermos Pobres de Teis.

O alcalde, Abel Caballero, explica en declaracións distribuídas aos medios, que seguramente con dous pavillóns será suficiente, e que de forma adicional se ofrecerá a estas persoas custearlles unha habitación nun hostal.

“Non pode ser que haxa xente deambulando pola rúa porque non queiran ir aos albergues”, sostén Caballero, quen engade: “Non imos deixar a ninguén nesta cidade e nesta crise sen un lugar no que estar ata que superemos as dificultades”.

Xa o alcalde anunciou a semana pasada que solicitaría á Subdelegación do Goberno en Pontevedra que retire o permiso á acampada contra a pobreza instalada ante o Concello desde 2017 alegando igualmente razóns de saúde pública pola crise do coronavirus.

PECHE DE PARQUES E OUTRAS MEDIDAS

O comité de seguimento do Covid-19 desenvolvido polo Concello de Vigo acordou este domingo pechar ao público o parque de Castrelos, o recinto amurallado do parque do Castro, o paseo de Samil e todas as praias da cidade.

Os mercados municipais só poderán acoller no seu interior o aforamento que permita manter as distancias de seguridade. Os establecementos de alimentación ou similares deberán velar por que se respecten os protocolos en canto a aforamentos e colas. O Concello de Vigo contactou coas cadeas de alimentación para que extremen as normas que permitan manter as distancias de seguridade. Estas indicacións son de igual aplicación en panadarías e establecementos similares.

Durante os días laborables implementaranse os horarios que se prestan os domingos no transporte público de pasaxeiros. Agora ben, reforzaranse as frecuencias nas horas de entrada e de saída aos centros de traballo, así como das liñas que conectan co hospital Álvaro Cunqueiro.

Adicionalmente, limitarase o acceso ás dependencias do Concello ás visitas das oficinas de Benestar Social, Rexistro e Cemiterios, en todos os casos con cita previa. De resto, interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos administrativos municipais. O persoal do Concello acudirá ao seu posto de traballo de forma presencial só nos casos nos que resulte imprescindible. Quen realicen funcións que se non se poidan desempeñar a distancia deberá permanecer nos seus domicilios e a súa actividade quedará suspendida temporalmente.

Tanto a Policía Local como os Bombeiros estarán ao 100% da súa operatividade. No albergue ampliaranse os horarios de duchas e lavandaría e estableceranse tres quendas de comidas. Todas as auxiliares que prestan o servizo de axuda a domicilio dispoñen de luvas e máscaras. EFE

ÚLTIMAS

Concello e deputación acordan reformar a bancada de Gol en Balaídos

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deu este luns luz verde ao...

O Concello de Vigo di que o PP minte sobre as prazas de funcionarios e vincula as vacantes “coa lei Montoro”

O goberno municipal de Vigo acusou ao PP de "mentir deliberadamente" sobre a cobertura...

Tres detidos en Portugal e máis 1.000 quilos de cocaína intervidos nos portos de Sines e Vigo

Unha investigación posta en marcha pola Polícia Judiciária de Portugal e que contou coa cooperación da...

Detectado e eliminado un punto de vertedura de augas residuais en Redondela

Os técnicos do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, detectaron un...