InicioSociedade(Vídeo) Esta é a emotiva homenaxe de vigueses e galegos aos sanitarios...

(Vídeo) Esta é a emotiva homenaxe de vigueses e galegos aos sanitarios que loitan contra o coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

Aplausos desde os balcóns e fiestras para homenaxear aos sanitarios que loitan contra o coronavirus Nestes tempos de reclusión xorde esta iniciativa, que se celebrarou ás 22 horas, para recoñecer aos corpos de saúde que se están a enfrontar cara a cara contra o coronavirus.

“Homenaxe a todos os sanitarios. Ás dez horas da noite sairemos todos ás nosas xanelas, terrazas e balcóns e aplaudiremos. Por favor, pásao”, rezaba unha mensaxe de Whatsapp que circulou por milleiros de teléfonos móbiles de todo o Estado.

E a xente respondeu. En Vigo foron centos as persoas que saíron aos balcóns e fiestras a aplaudir aos sanitarios nuns momentos tan duros como os que se están a vivir.

Pero tamén noutras cidades galegas, como Santiago ou A Coruña.

A iniciativa busca contaxiar de alegría e homenaxear, neste caso, aos corpos de saúde que están a se enfrontar cara a cara contra o virus nunha situación que prevé que empeore

ÚLTIMAS

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...