InicioSociedadePortugal baralla pechar fronteiras con Galicia ante o incremento de casos en...

Portugal baralla pechar fronteiras con Galicia ante o incremento de casos en España

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Primeiro Ministro luso, António Costa, anunciou accións conxuntas da Garda Nacional Republicana ( GNR),o Servizo de Estranxeiros e Fronteiras ( SEF) e a Dirección Xeral de Seguridade ( DGS) para pechar as principais fronteiras do seu país con España, o que incluiría os principais pasos co sur de Galicia, entre eles, o de Tui e Valença, o de Tomiño e Vilanova e Monçao e Salvaterra do Miño.

Ante o gran aumento de casos en todo o territorio español, o Goberno luso podería decretar en breve este peche e evitar a mobilidade de persoas entre as dúas fronteiras. Unha medida que afectaría a centos de galegos e de portugueses que traballan a ambos lados da raia.

Esta acción podería entrar en vigor xa a partir do luns e Costas podería anunciala na videoconferencia cos ministros de Asuntos Internos e Saúde da Unión Europea (UE) co obxectivo de definir medidas de control nos límites internos e externos da Unión Europea.

Ademais, o país luso tamén podería restrinxir a chegada de viaxeiros nos aeroportos e portos, principalmente, das zonas máis afectadas polo coronavirus.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...