InicioSociedadeDenuncian deficiencias en pediatría e falla de persoal sanitario no centro de...

Denuncian deficiencias en pediatría e falla de persoal sanitario no centro de saúde do Rosal

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal reclama un incremento do persoal sanitario na zona

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal (Pontevedra) reclamou que se incremente o persoal do centro de saúde da localidade e a cobertura de “todas” as vacacións e baixas dos empregados do mesmo, así como a das ausencias dos sanitarios do consultorio de Tabagón.

Así o trasladou nun comunicado o Concello, que constituíu esta plataforma a semana pasada para aglutinar a distintos sectores da localidade e denunciar as “carencias” que presenta a Atención Primaria na zona.

En concreto, a plataforma reclamou unha praza adicional para persoal médico e dous para enfermeiros, así como a recuperación da de matrona, para o centro de saúde do Rosal. Tamén demandou que se ofrezan consultas de Pediatría todos os días da semana e que se cubran todas as ausencias dese centro e o de Tabagón.

Así mesmo, incidiu na necesidade de que a xestión do transporte programado non priorice a “rendibilidade” sobre os tempos e as condicións do servizo para evitar unaa afectación á “seguridade” e a “calidade de vida” dos usuarios.

RECLAMACIÓNS

Adicionalmente, a plataforma demandou que o Punto de Atención Continuada (PAC) da Guarda conte cun dobre equipo todos os días para garantir a atención de urxencias “de modo continuado”, así como que a asistencia da ambulancia de Tomiño estea diponible 24 horas ao día. Tamén incidiu na necesidade de implantarun servizo de radioloxía no centro de saúde da Guarda e de pór en marcha liñas de transporte público que garantan a accesibilidade dos centros sanitarios.

Deste xeito, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública, cuxa constitución se aprobou no pleno municipal celebrado en outubro, busca dar resposta á situación da atención sanitaria, que, segundo asegurou a alcaldesa, Ánxela Fernández, presenta unha “precarización xeneralizada” do servizo. Así, insistiu na necesidade de “pór freo aos recortes” aplicados na sanidade pública, o que, na súa opinión, “pon en perigo a vida das persoas”.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...