InicioSociedadeSegue estable dentro da gravidade o home ingresado na UCI no Hospital...

Segue estable dentro da gravidade o home ingresado na UCI no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

O home de 43 anos de idade hospitalizado con coronavirus no Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo permanece estable dentro da gravidade ingresado na UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O home de 43 anos de idade hospitalizado con coronavirus no Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo permanece estable dentro da gravidade ingresado na UCI.

Así o confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, que puntualizaron que non se produciron “cambios significativos” na situación deste paciente desde este luns.

En Galicia, ata a noite do luns, Sanidade confirmou que os afectados por este virus na Comunidade galega ascenden a 18, dos que 13 están na área da Coruña, catro na de Vigo e un na de Ourense. A maiores, quedan algúns casos pendentes do resultado do laboratorio madrileño, entre eles un en Lugo e outro en Pontevedra.

Na área de Vigo, ademais do paciente hospitalizado, os outros tres casos correspóndense coa parella deste, unha muller de 47 anos residente en Moaña (Pontevedra), que viaxara recentemente a Madrid, así como o fillo dela, de 15 anos, e outro familiar.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...