InicioSociedadePor que morren tantos mariñeiros no mar en pleno século XXI?

Por que morren tantos mariñeiros no mar en pleno século XXI?

Tres mortos en dous accidentes marítimos en menos de dúas semanas en augas da ría de Vigo. As cifras de mortos en naufraxios durante a actividade pesqueira subiu fronte aos accidentes comúns. O sorprendente é que haxa voces denunciando a falta de investimento en seguridade laboral por ser considerado un investimento que pode influír na sobrepesca dos caladoiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

En total, Galicia conta con case 21.000 persoas traballando no sector pesqueiro, tanto por conta allea como por conta propia. É un dos sectores económicos con maior peso na economía do país. Pola contra, o seu peso económico non explica a mortandade en accidentes laborais no mar. Os investimentos en seguridade laboral, segundo as fontes consultadas para esta reportaxe, son asequibles, ás veces máis que materiais de pesca. Entón, que sucede no sector?

“O máis necesario é harmonizar as diferentes lexislacións en materia pesqueira, porque existen os acordos internacionais, os acordos dentro da UE, as lexislacións nacionais e logo as autonómicas” di Juan Manuel Trujillo de CCOO. A precarización laboral dentro da pesca tamén é un factor que pon en risco as tripulacións. Dita precarización, segundo Manuel Caamaño, da CUT, está ligada a factores como o sobreesforzo laboral. “Existen medios mesmo para controlar os barcos que veñen da NAFO para que non sobrepasen a cota, e non existe a obriga para que haxa traxes de salvamento abordo” sinala Xabier Aboi da CIG-Mar. Toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Piden 4 anos e medio de cárcere para a edil de Seguridade de Vigo polo caso Saltamontes

As acusacións particulares do chamado caso Saltamontes de Vigo, que representan aos pais e...

Un baionés recolle 60.000 sinaturas para esixir ao Goberno e a UE a obriga de introducir sensores antiabandono nas sillas infantís

Despois do falecemento de outra nena de dous anos este fin de semana en...

O Goberno de Vigo impulsará unha declaración institucional en apoio á Global Sumud Flotilla

O goberno de Vigo impulsará unha declaración institucional de apoio á Global Sumud Flotilla,...