InicioSociedadeA xuíza ordena seguir por homicidios imprudentes a causa do accidente no...

A xuíza ordena seguir por homicidios imprudentes a causa do accidente no que morreron tres mozos na AP-9 en Vigo

O Xulgado de Instrución número 5 concluíu a investigación do accidente, ocorrido en maio de 2019.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 5 de Vigo concluíu a investigación do accidente no que morreron tres novos na AP-9 en Vigo, en maio de 2019, e ditou un auto no que ordena seguir a causa pola suposta comisión de tres delitos leves de homicidio por imprudencia e un de lesións.

Segundo resolveu a xuíza neste auto, que pode ser recorrido, a causa, na que se investiga o condutor do vehículo, debe rexistrarse como un xuízo por delito leve.

A resolución estableceu que, de acordo cos informes e atestados elaborados pola Garda Civil, os feitos tiveron lugar o 29 de maio de 2019 sobre as 21,30 horas no punto quilométrico 0,800 da AP-9, en dirección Vigo.

Así, apuntouse que o condutor, M.M.V., perdeu o control do turismo tras realizar un adiantamento mentres circulaba a 138 quilómetros por hora nun tramo limitado a 100. Deste xeito, o coche saíuse da vía pola marxe esquerda, “indo chocar contra unha blonda metálica de protección lateral e contra un alicerce de formigón para acabar envorcado sobre o teito”.

A titular do xulgado tamén sinalou que tres dos cinco ocupantes faleceron e outro resultou ferido como consecuencia do sinistro, que tivo lugar tras “a realización por parte do denunciado dunha manobra evasiva errónea motivada por unha perda de control do vehículo”. Este suceso relacionouse así coa “velocidade excesiva” á que transitaba o coche e “a inexperiencia e falta de pericia do denunciado”.

ACCIDENTE

O accidente, ocorrido á altura da Raqueta de Torres de Padín, na parroquia viguesa de Teis, saldouse co falecemento de tres persoas de 17 anos, Sara C., Bieito L., e Sofía P. Mentres, o condutor, M.M.V., que nese momento tiña 18 anos, e o copiloto foron trasladados ao hospital.

Así mesmo, os resultados das probas de consumo de alcol e drogas realizados ao mozo que conducía o coche no momento do accidente arroxaron resultaron negativos.

Posteriormente, en xullo, o Departamento de Investigación e Reconstrución de Accidentes (DIRAT) da Garda Civil desprazouse ao lugar do sinistro para coñecer as posibles posibles causas do accidente e as circunstancias nas que se produciu.

ÚLTIMAS

Localizan 150 quilos de cocaína no casco dun mercante en Vigo ao que xa tiñan no punto de mira

Unha operación conxunta de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e Policía Nacional --en colaboración da norteamericana...

Morre Ángel Cameselle, expresidente da xunta de persoal do Chuvi e exresponsable de Sanidade en CC.OO. Galicia

A Federación de Sanidade e Servizos Sociosanitarios de CC.OO. en Galicia confirmou nas últimas horas,...

OPINIÓN.- O Porto de Vigo: Motor do Crecemento e Desenvolvemento da Cidade

O porto de Vigo foi, sen dúbida, o principal responsable do crecemento e desenvolvemento...

O primeiro premio da Lotaría Nacional, dotado con 600.000 euros, cae no Porriño

O primeiro premio do sorteo da Lotaría Nacional celebrado este sábado, 19 de abril,...