InicioSociedadeDescartada a infección por coronavirus de dous casos estudados no Hospital Álvaro...

Descartada a infección por coronavirus de dous casos estudados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Facultativos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo descartaron que dúas persoas cuxos casos se estudaron como sospeitosos de coronavirus contraesen a infección.

Fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmaron a Europa Press que estas persoas foron atendidas despois de acceder ao servizo de Urxencias. Posteriormente, realizáronselles as probas determinantes que confirmaron que non estaban infectadas e non foi preciso o seu ingreso hospitalario. Así, permitiuse que regresasen aos seus domicilios sen a imposición de ningunha medida preventiva.

Este non foi o primeiro caso estudado na cidade. De feito, fai unhas dúas semanas, unha veciña de Chapela, do municipio pontevedrés de Redondela, que estivera recentemente en China, foi sometida a diversas probas ante un posible caso sospeitoso de coronavirus que, finalmente, foi negativo.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...