InicioSucesosPiden 42 anos de cárcere para o acusado de matar a un...

Piden 42 anos de cárcere para o acusado de matar a un mozo por disparo nunha praia de Chapela

Aplica a agravante de reincidencia por tenencia ilícita de armas e entende que estaba nas súas plenas facultades volitivas e intelectivas

PUBLICADO O

A Fiscalía pide unha pena total de 42 anos de prisión para José Luís L.P., presunto autor do disparo que acabou coa vida dun mozo na noite de San Xoán do ano pasado, na praia de Arealonga en Chapela (Redondela); e o acusa dun delito de asasinato, un asasinato en grao de tentativa, un homicidio en grao de tentativa e tenencia ilícita de armas.

En concreto, no seu escrito de conclusións o fiscal considera que o home –en prisión provisional desde a súa detención– disparou cun revólver á vítima, cando lle recriminou que mexara desde un valado sobre unhas mozas que estaban na praia. Ademais, acúsao de tentar matar a unha persona que foi socorrer ao mozo e de tratar de disparar tamén aos axentes que foron detelo.

O Ministerio Público, que interesa a apertura de xuízo oral ante a audiencia provincial mediante o tribunal do xurado, entende tamén que o acusado cometeu os feitos nas súas plenas facultades volitivas e intelectivas, e engade que non quedou acreditado que inxerise bebidas alcohólicas que limitasen as súas facultades.

Por iso, pide para el 20 anos de cárcere por un delito de asasinato, 10 por intento de asasinato, 10 por homicidio en grao de tentativa e 2 anos por tenencia ilícita de armas. Ademais, aplica a agravante de reincidencia en relación con este último delito, posto que xa foi condenado en catro ocasiones anteriores por tenencia ilícita de armas ou delito de arma prohibida.

Reclama, así mesmo, que se lle prohiba comunicarse e achegarse a menos de 200 metros dos parentes da vítima durante 30 anos; e coa persona á que tentou disparar durante 20 anos. A maiores, pide que se lle prive do dereito á tenencia e porte de armas por tempo de cinco anos, e que indemnice aos familiares do falecido na cantidade que corresponda.

FEITOS

O relato dos feitos realizado pola Fiscalía conclúe que o día de San Xoán de 2017, o acusado dirixiuse á noitiña ás inmediacións da praia de Arealonga portando un revólver. Sobre as 5,00 horas, aproximouse a un valado e “mexou ou tentou mexar” sobre unhas mozas que estaban máis abaixo na praia.

Ao ver isto, Daniel Beltrán recriminoulle a súa conduta ao home, ao que este respondeu sacando o revólver e disparándolle “a contacto”, é dicir “a canón tocante co peito”. Daniel Beltrán non tivo “ningunha posibilidade de defenderse”, e faleceu a consecuencia do disparo.

Unha persona acudiu entón a socorrer ao mozo no chan e, “sen ser consciente de que se efectuou un disparo”, increpou ao agresor, momento en que este tamén lle apuntou co revolver. Esta persona botou a correr mentres o acusado realizaba outro disparo, sen conseguir darlle. A continuación, o home deuse á fuga.

Non entanto, máis tarde axentes da Policía Nacional localizaron ao home, pero cando foron a deterlo, meteu a man nunha bandoleira “con intención de sacar o revólver e dispararlles”, polo que se abalanzaron sobre el para tentar que soltase a arma. Para conseguilo, precisaron axuda doutros efectivos de Policía Nacional e Local.

Unha vez en dependencias policiais, o home continuou con actitude moi agresiva cara aos axentes, tirándose ao chan e negándose a baixar do vehículo. Da mesma maneira, tentou agredir con patadas e morder aos policías que lle custodiaban, aos que ademais lles dixo: “Carceleros, falanxistas, cortareivos a cabeza”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...