InicioVal MiñorBaionaBenvidos ao primeiro reino medieval de Europa.

Benvidos ao primeiro reino medieval de Europa.

O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño presenta en FITUR o primeiro reino medieval de Europa

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e alcaldes, alcaldesas e outros representantes dos 14 concellos que abrangue este xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) presentaron este mércores en FITUR Madrid o primeiro produto do xeodestino: unha ruta turística polo primeiro reino medieval de Europa.

“Trátase dun percorrido artellado a través de diferentes etapas, dende os primeiros poboadores que deixaron o seu selo nas pedras ata os nosos días. Buscamos impulsar a creación de produto que evidencie a importancia do rol desempeñado polo noso xeodestino na historia de Galicia, un produto sostible, singular, perdurable e diferente”, sinalou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, durante a presentación en FITUR

Sinalan que a ruta terá un marcado enfoque vertebrador do xeodestino “que o turista se mova por todo o territorio de Ría de Vigo e Baixo Miño. Persoas que durman en Tui terán escusas para visitar San Simón e as que fagan noite en Baiona seguro que poderán achegarse ao Baixo Miño”, destacou Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, quen recalcou que “queremos ofrecer ao turista elementos perdurables e que nos identifiquen. Na actualidade, as persoas son moi activas percorrendo un destino e compartindo a súa experiencia nun mundo cada vez máis dixital. A nosa proposta é que esa experiencia, eses recordos, sexan gardados para a posteridade”.

Postais sonoras e un mapa colecionable

Como un dos elementos promocionais, presentouse ao público unha postal sonora, con música do emblemático misioneiro tudense Frai Rosendo Salvado. Unha postal para enviar por correo coa imaxe aérea de Tui e cunha pisa de audio engadida que se poderá escoitar a través dun código QR.

Os concellos organizadores sinalan que haberá unha postal sonora por cada un dos 14 concellos do xeodestino.

Ademais, o público poderá ter información deste primeiro destino turístico grazas a un mapa do xeodestino, ideado como un mapa ou folleto coleccionable coas ilustracións da artista plástica María Meijide, que fai un percorrido pola historia do Baixo Miño a través de catro etapas diferenciadas: antiguidade, medievo, idade moderna e idade contemporánea.

ÚLTIMAS

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...

Vigo convértese en epicentro da oncoloxía de precisión con máis de 40 expertos de toda España

A cidade de Vigo acollerá este mes o VIII Simposio Nacional de Oncoloxía de...

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...