InicioSociedadePonteareas ilumínase de azul esta fin de semana en apoio aos celíacos

Ponteareas ilumínase de azul esta fin de semana en apoio aos celíacos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Ponteareas iluminará o edificio de cor azul con motivo da celebración do día da enfermidade celíaca que se celebra este domingo 27 de maio. Esta cor lucirá toda a fin de semana, ao igual que estará a bandeira identificativa de ACEGA no balcón da casa Consistorial.

ACEGA é unha entidade de carácter privado, sen ánimo de lucro creada en 1998, co obxetivo fundamental de axudar a todas as persoas afectadas pola enfermidade e dermatite herpetiforme.

Coa poboación actual de Ponteareas e tendo en conta que a incidencia é do 1%, calcúlase unha cantidade de afectados que se achega ao medio milleiro entre a veciñanza, incrementándose a taxa de diagnóstico cada ano.

O Concello de Ponteareas e ACEGA asinarán nas vindeiras semanas un convenio de colaboración no que a entidade local se compromete entre outras cousas, a ter en conta a alimentación para celíacos en tódolos eventos deportivos, culturais ou sociais nos que se realicen ou, facilitar información ás asociacións de hostaleiros, para que se formen e acaden a certificación.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...