InicioSociedadeComo e por que se moven os nenos?

Como e por que se moven os nenos?

Investigadores da USC e a UVigo deseñarán unha aplicación para analizar o desenvolvemento motriz dos nenos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un proxecto que levarán a cabo investigadores da Universidade de Vigo (UVigo) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) permitirá deseñar unha aplicación para analizar o desenvolvemento motriz infantil.

Segundo trasladou a universidade olívica nun comunicado, a iniciativa levará a creación dunha ferramenta informática relacionada coa educación en hábitos saudables para estudantes de Educación primaria.

Deste xeito, búscase contribuír á mellora de habilidades motrices, como correr, saltar e andar, desde as idades máis temperás. Así, aspírase a dotar ao profesorado de Educación Física dunha ferramenta avaliar estas habilidades no seu alumnado e programar exercicios para melloralas se é preciso.

Para iso, a primeira fase do proxecto, que se desenvolverá ao longo de tres anos, consistirá na revisión da literatura científica para saber que probas poden utilizarse na avaliación das habiliades motrices. Posteriormente, definiranse as probas que permitan estudar as capacidades dos nenos e, finalmente, envorcaranse na aplicación informática.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...