InicioSociedadeO Morrazo lanza unha campaña de sensibilización fronte á violencia de xénero

O Morrazo lanza unha campaña de sensibilización fronte á violencia de xénero

Esta iniciativa foi creada no marco do convenio para impulsar medidas para loitar contra a violencia de xénero no ámbito rural.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) de Pontevedra-O Morrazo, conformado por 13 concellos, puxo en marcha unha campaña dixital de sensibilización enfocada á concienciación social en materia de prevención da violencia de xénero.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, ofreceron este mércores na cidade do Lérez unha rolda de prensa na que presentaron esta campaña dixital que leva por lema ‘#RachemosCoaIndiferenza‘.

Esta iniciativa foi creada no marco do convenio de colaboración asinado en abril entre a Vicepresidencia da Xunta e a Consellería de Medio Rural, para impulsar medidas para loitar contra a violencia de xénero e fomentar a igualdade real entre homes e mulleres no ámbito rural.

A campaña conta cun orzamento de case 4.000 euros que se dedicaron ao deseño e realización dunha imaxe e slogan, así como á creación de tres vídeos curtos que se difundirán nos distintos espazos webs e redes sociais dos 13 concellos vinculados ao GDR Pontevedra Morrazo.

O alcalde e o director xeral coincidiron en sinalar que entre todas as administracións e entidades locais deben promover un cambio social co fin de conseguir unha sociedade igualitaria entre homes e mulleres.

Sinalaron, ademais, ser conscientes de que a violencia de xénero “é un problema social e non só das mulleres agredidas” e que a eliminación da violencia “é un reto de toda a sociedade que require unha actuación conxunta e a máxima colaboración e cooperación”.

PAPEL ACTIVO

A campaña desenvólvese cunha linguaxe clara, directa e sinxela, coa finalidade de que esta secuela non permaneza oculta, e que cada individuo persoal ou colectivamente, tome un papel activo para promover un cambio a través da reflexión.

O símbolo utilizado na campaña pretende mostrar publicamente un compromiso activo contra este tipo de violencia que ten a súa orixe na desigualdade de xénero. A través da web ou Facebook poderase descargar o logotipo en diferentes formatos para favorecer a súa utilización.

Os vídeos colocan ao conxunto da sociedade como protagonista da loita contra a violencia de xénero, explicaron, apelando ao activismo da cidadanía e ínstana a rexeitar ás violencias machistas, rompendo co silencio e a pasividade.

ÚLTIMAS

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...

Abel Losada acusa ao PP de “mentir” sobre a seguridade en Vigo e defende a actuación policial en Cabral

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, cargou contra o Partido Popular tras...

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...