InicioSociedadeA depuradora de Vigo recibe o premio San Telmo á Mellor Obra...

A depuradora de Vigo recibe o premio San Telmo á Mellor Obra de Enxeñaría

Este premio concédeo o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia a proxectos finalizados entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 30 de decembro de 2019.

PUBLICADO O

A depuradora de augas residuais de Vigo foi distinguida como Mellor Obra de Enxeñaría no XI Premios San Telmo 2019, que concede o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia a proxectos finalizados entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 30 de decembro de 2019.

Así o deu a coñecer o xurado do premio na tarde deste mércores na Coruña, quen tamén desvelou que se concederon tres accésits: un deles aos ‘Interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol’, outro á ‘Conversión en autovía do corredor 4.1’ (no Morrazo, Pontevedra) e un terceiro á ‘Ampliación de capacidade da AP-9 no tramo enlace de Cangas-enlace de Teis, que inclúe o punte de Rande’. Á presentación dos premiados asistiu, entre outros, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

Neste sentido, o decano do Colexio, Enrique Urcola, destacou o “gran nivel técnico e a repercusión social” das obras que concorreron aos Premios San Telmo 2019. Sobre a gañadora, Urcola, que tamén presidiu o xurado, sinalou que valoraron “o seu importantísima innovación tecnolóxica”, ademais da súa integración paisaxística e as melloras para a calidade de vida e o medioambiente que supón.

“É unha depuradora totalmente cuberta, que non xera ningún tipo de contaminación nin de ruído nin de cheiros e que, estando situada nun punto crítico, tanto paisaxístico como urbano, foi perfectamente integrada polos veciños, que nun principio tiñan suspicacias polas súas repercusións“, explicou o decano da entidade colexial.

Tal como indicou nun comunicado o Colexio de Enxeñeiros, a depuradora viguesa foi pioneira en España co seu sistema de hidrólisis e é a primeira en Galicia en utilizar a auga que rexenera, por exemplo, para regas.

ACCÉSITS

En cando aos accésits, do proxecto ‘Interceptores xenerais da marxe dereita da ría de Ferrol’ valoráronse especialmente as súas melloras ambientais e a sustentabilidade das súas formulacións. “Permitiu que esa zona da ría conte con once tanques de treboada e con 25 km de canalizacións, un 40% delas rehabilitadas”, subliñou.

Sobre o proxecto de Autovía do Morrazo, o xurado valorou a capacidade de reducir os tempos de percorrido e a “evidente mellora” da seguridade viaria nun tramo cunha media de 20.000 vehículos diarios, con picos próximos aos 30.000 en xornadas estivais.

En canto ao proxecto ‘Ampliación de capacidade da AP-9, tramo: ligazón de Cangas-enlace de Teis, incluído a ponte de Rande’, valorouse a solución “construtiva”. “É a primeira ampliación dunha ponte atirantado de gran luz que se realiza no mundo, o que converteu a Rande nun fito da enxeñaría recoñecido internacionalmente“, apostilou o Colexio.

ÚLTIMAS

Encontran o cadáver desmembrado dunha muller dentro dunha maleta nun solar de Vigo

Un home achou na tarde deste xoves un cadáver en avanzado estado de descomposición,...

Dúas persoas trasladadas ao hospital por un incendio nun edificio en Nigrán

Dúas persoas foron trasladadas, unha delas con queimaduras, tras producirse un incendio, que se...

A xestora do PP de Vigo promete unha “transición modélica” cun partido “unido”

A xunta xestora que asumirá as rendas do PP de Vigo tras a renuncia...

A Xunta destinará 1,8 millóns de fondos europeos facer do Mosteiro de Oia un gran establecemento turístico

Case dous millóns a facer do Mosteiro de Oia un gran establecemento turístico no Camiño...