InicioSociedadeExpertos en artrite intercambiarán coñecementos este sábado nunha xornada en Vigo

Expertos en artrite intercambiarán coñecementos este sábado nunha xornada en Vigo

O obxectivo, indicaron, consiste en "dar visibilidade a esta enfermidade crónica", caracterizada pola inflamación das articulacións, e analizar as últimas novidades no seu tratamento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) acollerá este sábado, 26 de outubro, ás 10,30 horas a actividade ‘Dialogamos sobre artrite’, organizada en Vigo pola Asociación Enfermos de Artrite Pontevedra (Asearpo) e a Coordinadora Nacional de Artrite (ConArtritis) con motivo do mes dedicado a esta enfermidade crónica.

‘Dialogamos sobre artrite’ reunirá, informaron os organizadores, “a destacados expertos no tratamento dunha enfermidade que afecta a case un millón de persoas en todo o país”.

O obxectivo, indicaron, consiste en “dar visibilidade a esta enfermidade crónica”, caracterizada pola inflamación das articulacións, e analizar as últimas novidades no seu tratamento.

Esta iniciativa forma parte da campaña ‘Outubro, mes da artrite e espondiloartritis’, declarada de “interese social”, sinalaron, pola Sociedade Española de Reumatoloxía e que conta coa colaboración das empresas farmacéuticas AbbVie, Biogen, BMS, Gebro, Janssen, MSD, Lilly, Mylan, Nordic, Pfizer, Roche, Sandoz e Sanofi, ademais do apoio da Administración.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...