InicioSociedadeDestacan a importancia das "mulleres do mar" para a economía galega

Destacan a importancia das “mulleres do mar” para a economía galega

"Os homes conseguiron moitos dereitos que as mulleres que tamén traballaron no mar non lograron porque eran invisibles, porque non estaban organizadas", di a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou este mércores no V Xornadas de Divulgación sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro organizadas en Vigo pola Fundación para a Pesca e o Marisqueo (Fundamar) e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes (Anfaco), onde destacou a importancia das “mulleres do mar” para a economía galega.

Non se entende o sector do mar sen a achega das mulleres e non se entende a economía galega sen a muller do mar”, subliñou Silva, tras facer un recoñecemento “obrigado” ás mulleres pola súa “gran achega” a este sector produtivo e polo seu “marcado papel” na defensa da sustentabilidade.

Neste sentido, a presidenta provincial defendeu “todo o achegado” polas mulleres “en traballos durísimos” do mar, como o das mariscadoras, as conserveiras ou as rederas, colectivo este último a quen se dirixiu para apoiar as súas “reivindicacións tan xustas como o seu dereito á xubilación anticipada”.

Ante un público feminino, Silva asegurou que “son un orgullo para Galicia e para a economía galega” e reivindicou que sectores como o conserveiro “levan nome de muller”. “Non nos postos de dirección, pero no traballo estabades todas as mulleres. Sentirvos grandes, orgullosas, porque achegastes moito á sociedade. Somos herdeiras de mulleres como vós”, destacou.

DEREITOS

“Os homes conseguiron moitos dereitos que as mulleres que tamén traballaron no mar non lograron porque eran invisibles, porque non estaban organizadas. E hoxe están a reclamar que queren os mesmos dereitos. E eu téñoo claro, contades coa presidenta da Deputación e co seu goberno para defender os dereitos das mulleres do mar. Temos que reclamar e a reclamación é xusta”, insistiu Carmela Silva.

Ademais, anunciou a posta en marcha de actividades de formación e información dirixidas ás mulleres do mar para aquilo que teña que ver con tributos e cos impostos e subvencións.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...