InicioSociedadeO comité de Povisa: "Non queremos un hospital xestionado por unha multinacional...

O comité de Povisa: “Non queremos un hospital xestionado por unha multinacional americana”

Malia que os novos propietarios quixo transmitir unha mensaxe de tranquilidade, o persoal di que "non se fía".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores de Povisa foron informados este xoves da venda do hospital a Ribera Salud –cuxo accionista maioritario é o grupo estadounidense Centene– e, a pesar de que os novos propietarios quixeron transmitir unha mensaxe de tranquilidade, o persoal di que “non se fía”: “Non queremos un hospital xestionado por unha multinacional americana, sabendo como funciona alí a sanidade”.

Así o trasladou a portavoz do comité, Chus Neira (CIG), quen criticou o “desprezo” dos ata agora donos do hospital vigués (o maior centro sanitario privado de Galicia), o grupo Nosa Terra XXI, porque “non deron nin a cara, comunican a operación por correo electrónico, nunha política de feitos consumados, e non non dan máis información”.

Chus Neira subliñou que, a pesar de que “din que van respectar os empregos”, non teñen garantías suficientes sobre o futuro deste hospital. Así mesmo, acusou o Sergas de “permitir esta venda” pouco tempo despois de acceder a modificar certas condicións do concerto con Povisa (cando os anteriores donos do hospital presentaron solicitude de preconcurso de acredores, hai un ano). “O Sergas mete máis diñeiro no hospital, e agora véndese”, constatou a representante do comité.

Así as cousas, Neira volveu insistir en que a CIG reclama que a administración “rescate” Povisa para a sanidade pública. “Se non pode ser de forma inmediata, que se prepare ese rescate de aquí a 2022 (data na que finaliza o actual concerto do Sergas co hospital) e, mentres, que se garantan os postos de traballo”, engadiu.

En virtude dese concerto, Povisa ten asignadas 134.000 cartillas de pacientes da sanidade pública de Vigo, Val Miñor e O Morrazo. O centro conta con 573 camas e uns 1.500 traballadores.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...