InicioSociedadeO Ministerio elixe Vigo para estrear a campaña 'Produto pesqueiro: rico, san...

O Ministerio elixe Vigo para estrear a campaña ‘Produto pesqueiro: rico, san e seguro’ para fomentar o consumo de peixe

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cidade de Vigo será o escenario no que se estreará a campaña ‘Produto pesqueiro: rico, san e seguro’ do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), coincidindo coa feira de produtos do mar conxelados, Conxemar, que se celebrará a próxima semana no Instituto Feiral.

Dita campaña foi presentada este venres no Concello olívico, no marco dun encontro coas empresas do sector produtor e transformador de produtos do mar, no que participaron o director xeral de Industria Alimentaria, José Miguel Herrero; o director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura, Ignacio Gandaria; e o propio alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Esta campaña promocional iniciarase coa celebración da Semana de Produto Pesqueiro en Vigo con talleres de cociña en distintas prazas da cidade, talleres de consumo responsable, actividades con nenos, e outras iniciativas, que culminarán o domingo 6 de outubro cunha gran degustación ao mediodía na Praza da Constitución.

Así mesmo, ademais dunha campaña institucional de publicidade en medios de comunicación, o ministerio tamén dará a coñecer esta acción promocional na caseta que terá na feira Conxemar, no que haberá ‘showcookings’ a cargo do cociñeiro Álvaro Porrero.

ÚLTIMAS

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...