InicioSociedadeDetido en Vigo por agredir á súa parella, á que tapou a...

Detido en Vigo por agredir á súa parella, á que tapou a boca para que non pedise axuda, antes de pechala nun baño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un veciño da cidade, D.F.R., de 34 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero e outro de atentado a axentes da autoridade, despois de agredir a súa parella, á que tapou a boca para que non pedise axuda, antes de encerrala nun cuarto de baño.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do domingo, cando unha testemuña alertou ao 092 de que acababa de ver un home agredindo a unha muller, á que tapaba a boca para que non berrase, e á que metera á forza nun local comercial.

Cando chegaron os efectivos policiais e accederon ao establecemento, atopáronse cun home espido e mollado, moi alterado, que tentaba pechar a porta dun baño, mentres alguén desde dentro berraba e trataba de abrila.

O sospeitoso, en actitude hostil, increpou os axentes, aos que tratou de impedir o paso, mentres lles cominaba a que se fosen da súa casa. O home tivo que ser reducido para ser detido

Pola súa banda, a muller rescatada relatou aos axentes que tivera unha discusión acalorada con quen é a súa parella desde hai 6 meses, e que, cando tratou de abandonar o domicilio, D.F.R. quixo impedirllo, pechándoa no baño contra a súa vontade. Así mesmo, explicou aos policías que as disputas coa súa parella se producen constamente.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...