InicioMedio Ambiente e PatrimonioMarea de Vigo pedirá que a cidade se una á declaración pola...

Marea de Vigo pedirá que a cidade se una á declaración pola “emerxencia climática”

Entre esas medidas, indicou Marea de Vigo, está a aposta polas enerxías 100 % renovables, o abandono dos combustibles fósiles, ou o impulso á mobilidade sustentable.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo-Son en Común levará ao pleno do próximo 4 de setembro unha moción instando o goberno municipal a que se some á declaración pola “emerxencia climática” no planeta.

Segundo trasladou a concelleira Oriana Méndez, esta proposta –avalada por diversos colectivos ambientais e ecoloxistas– pretende que o Concello, desde o ámbito local, adopte medidas e destine recursos para responder á “crise ecolóxica” que supón o cambio climático.

Así, declarar a emerxencia climática supón asumir “compromisos políticos reais e vinculantes, moito máis ambiciosos que os actuais”, e a correspondente “asignación de recursos”. Nesa liña, as institucións deben elaborar unha folla de ruta con medidas para limitar o aumento das temperaturas globais.

Entre esas medidas, indicou Marea de Vigo, está a aposta polas enerxías 100 % renovables, o abandono dos combustibles fósiles, ou o impulso á mobilidade sustentable. Tamén expoñen o apoio á economía local e de proximidade, que impulse a soberanía alimentaria, a agricultura, silvicultura e gandarías ecolóxicas.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...