InicioSociedadeEducación anuncia un investimento de máis dun millón de euros para reformar...

Educación anuncia un investimento de máis dun millón de euros para reformar o IES Santa Irene de Vigo

Carmen Pomar confirma que as obras no CEIP García Barbón estarán terminadas para o inicio do próximo curso,

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional confirmou este xoves a próxima reforma do IES Santa Irene de Vigo, na que se investirá algo máis dun millón de euros.

Así o trasladou a conselleira Carmen Pomar, que este xoves visitou, xunto coa delegada territorial da Xunta, Corina Porro, e o xefe territorial de Educación, César Pérez, as obras que o seu departamento está a levar a cabo no CEIP García Barbón da cidade olívica.

Pomar explicou que, a principio de outono, a Xunta disporá do proxecto de reforma deste histórico instituto vigués, e que os plans da consellería pasan por un investimento de algo máis dun millón de euros para reformar o centro educativo, que nun par de anos celebrará o seu 75 aniversario.

Por outra banda, con respecto ao CEIP García Barbón, a conselleira avanzou que o groso das obras que se están levando a cabo, estarán terminadas para o inicio do próximo curso, aínda que quedarán traballos menores que se compatibilizarán co período lectivo.

Así, a Xunta está a levar a cabo reformas relacionadas co illamento térmico e o aforro enerxético (renovación de carpintarías, illamento, instalación de dúas caldeiras de biomasa, renovación de iluminación, etc.) e coa accesibilidade (construción de ramplas e instalación dun ascensor).

Por outra banda, tamén na cidade olívica, Educación actúa na ampliación de instalacións no CIF Manuel Antonio, cun investimento de medio millón de euros.

ÚLTIMAS

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...

A Garda Civil investiga a unha veciña de Baiona por explotar e ameazar a mulleres estranxeiras “sen papeis”

A Garda Civil investiga a unha muller residente en Baiona (Pontevedra) como presunta autora...