InicioSociedadeAsí foi a vitoria popular contra a construción dun encoro no río...

Así foi a vitoria popular contra a construción dun encoro no río Miño

Un documental rememora esta loita que comezou a finais dos 70s e durou ao longo de 30 anos. Narrado polos propios protagonistas, vai recollendo as diferentes etapas desta oposición e poñendo en valor todo o que o río Miño lle dá a esa rexión do sur de Pontevedra.

PUBLICADO O

O documental O Salto, unha obra na que se recolle como a forza popular paralizou a construción dun encoro no tramo transfronteirizo do río Miño, será presentado perante o público o próximo venres, 9 de agosto, ás nove da noite, na Casa da Auga de Vide (As Neves, Pontevedra). A loita que rememora este documental comezou a finais dos 70s e durou ao longo de 30 anos. Narrado polos propios protagonistas, vai recollendo as diferentes etapas desta oposición e poñendo en valor todo o que o río Miño lle dá a esa rexión do sur de Pontevedra.

Este traballo foi feito por un mozo da vila, Adrián González, recente graduado en Comunicación Audiovisual e autor doutras obras como a reportaxe As Neves Zona 0 (2017) ou as curtametraxes Mans Mortas (2016) e Castelos de Fame (2015). Comprometido coa historia do seu pobo e a posta en valor do seu entorno, Adrián leva a cabo este documental como homenaxe a aqueles que loitaron polo común, por un patrimonio cultural e medioambiental que se vería en grave en perigo coa construción deste encoro. A supervivencia de especies autóctonas, as pesqueiras, a arte da pesca da lamprea, a economía e o estilo de vida ao redor do río tal e como é agora estaba en xogo co proxecto do Salto de Sela.
A estrea de O Salto xa se produciu o pasado 27 de abril no Auditorio Vázquez Portomeñe de As Neves, acto ao cal acudiron ao redor dunha centena de persoas, entre eles algúns dos protagonistas desta loita, destacando a intervención de Rui Solheiro, expresidente da Cámara Municipal de Melgaço (1982-2013) e principal opositor na marxe portuguesa.
Esta estrea formou parte do Traballo Fin de Grado de Adrián xunto co resto da producción do documental; e agora o seu creador comezará unha serie de presentacións en diferentes lugares de Galicia, sendo o punto de partida a parroquia de Vide (As Neves), lugar no que se ía construir o encoro. A proxección será ao aire libre no patio interior da Casa da Auga, antigo reitoral convertido nun museo dedicado á auga; coorganizado coa Comunidade de Montes de Vide e contará con Taquilla Inversa, abonando a entrada ao final do acto e de forma voluntaria, ao igual que o importe.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...