InicioSociedadeDetido un salesiano do Colexio María Auxiliadora de Vigo por supostos abusos...

Detido un salesiano do Colexio María Auxiliadora de Vigo por supostos abusos a menores

Os feitos tiveron lugar nun campamento en Cambados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un sacerdote salesiano do Colexio María Auxiliadora de Vigo foi detido este luns por supostos abusos a varios menores que participaban nun campamento na localidade pontevedresa de Cambados.

Segundo fontes do colexio, os feitos ocorreron o pasado sábado, cando o relixioso, duns 40 anos, foi sorprendido por varios nenos realizando “comportamentos inadecuados” a outros menores, polo que o domingo as familias denunciaron os feitos nos xulgados de Vigo, onde o sacerdote foi chamado a declarar.

Con todo, o caso foi derivado ao xulgado de Cambados, que será o que leve o tema debido a que os feitos tiveron lugar neste municipio. No entanto, de acordo con fontes da Policía Nacional, previsiblemente “todas as partes” declararán entre a tarde deste martes e a mañá da xornada do mércores.

Tal como explicou o centro escolar, o pasado sábado varios participantes do campamento puxeron en coñecemento dunha educadora algúns feitos “contrarios ao Código de Conduta para a protección de menores e adultos vulnerables” que se aplica no colexio.

“Inmediatamente apartouse do seu traballo cos menores ao salesiano implicado e tratouse de aclarar o denunciado polos mozos, en diálogo con eles, e poder así, no seu caso, pór en marcha as medidas correspondentes”, indicou o colexio, que incide en que “se falou coas familias”.

DENUNCIA

Segundo relata, o pasado domingo, o Provincial Salesiano e o Director salesiano da casa atopáronse con pais dos menores para presentarlles a súa “consternación” ante o sucedido “e porse á súa disposición e ofrecerlles o acompañamento especializado que puidesen necesitar os seus fillos, lembrarlles o seu dereito a denunciar os feitos e informarlles de que a institución iniciaría inmediatamente o expediente informativo”.

No mesmo documento, o colexio púxose a disposición da policía e as autoridades xudiciais, que xa se fixeron cargo da investigación, para colaborar con elas “en todo o que sexa preciso”.

Así mesmo, tamén o Provincial Salesiano abriu a investigación previa baseada no procedemento canónico. Ademais, engadiron que “baixo ningún concepto tolerarán comportamentos que menoscaben a integridade dos mozos e mozas que as familias lles confiaron”.

ÚLTIMAS

O Concello de Vigo declara deserto o concurso para a atención psicolóxica a fillos de vítimas de violencia de xénero

A Xunta de Goberno Local de Vigo acordou este venres declarar deserto o concurso...

Bloqueado en Vigo un buque ruso que transportaba peixe sancionado pola UE

O Ministerio de Facenda prohibiu atracar na a ría de Vigo a un buque...

A Policía Nacional atrapa un home tras unha tentativa de roubo con intimidación en Vigo

Axentes da Policía Nacional de Vigo detiveron a un home como suposto autor dunha...

Condenado a dous anos un taxista por agredir sexualmente a unha clienta en Vigo

Un taxista de Vigo aceptou 2 anos de prisión como autor dun delito de...