InicioSociedadePolémica polo espido dun actor e presentador brasileiro en Cíes censurado en...

Polémica polo espido dun actor e presentador brasileiro en Cíes censurado en Instagram

PUBLICADO O

- Advertisement -

Paulinho Vilhena é un famoso presentador e actor brasileiro, recoñecido con varios premios no seu país. Agora, a súa fama medra máis por un espido nunha praia de Galcia que publicou en Instagram e a censura que aplicaron os administradores desta rede social da que é propietaria Facebook.

O balbordo e a polémica en Brasil saltou aos medios de información, que dan conta do acontecido. Segundo a prensa daquel país, o célebre actor e presentador atópase en Galicia, onde “em um momento de plena liberdade”, decidiu publicar un vídeo no que aparece completamente espido nunha praia facendo unha acrobacia coñecida como ‘estrelinha’ na area. Os medios sitúan a acción o pasado 25 de xuño, e salientan que foi un dos temas mencionados no programa ‘Encontro com Fátima Bernardes’, da TV Globo, o día 26.

Instagram bloqueou o vídeo alegando que incumpría as normas desta comunidade. Tras esta censura, o propio protagonista pronunciouse: “O Instagram retirou o tal vídeo de bumbum de fora… Respeitando as regras da comunidade instagramers”.

Vilhena aproveitou para publicar unha nova fotografía sem camisa nas illas Cíes e preguntou: “Essa pode pessoal?? Peço desculpas se alguém se ofendeu ou se causei algum mal. Viva a LIBERDADE!!!! Viva a Galicia!!! #meubumbuminhasregras”.

 

Naquel vídeo espido, Vilheda escribira como comentario: “A Galícia me mostrou muita coisa, já acreditava na maioria delas… Amizade, preservação, amor… E ainda me deu a liberdade, liberdade verdadeira de estar em meio à natureza e poder verdadeiramente usufruir disso com respeito e compartilhando disso com a cultura local. Viva a Galícia! Que delícia!”.

En apenas dúas horas, o vídeo acumulara case 400 mil visualizacións.

Fonte: Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...