InicioSociedadeA área de Vigo concentra o maior seguemento da folga na Atención...

A área de Vigo concentra o maior seguemento da folga na Atención Primaria en Galicia, cun 93%

A Xunta rebaixa a cifra a un 35%.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os profesionais de Atención Primaria que convocaron este 19 de xuño unha xornada de folga en Galicia sitúan o seguimento do paro entre un 50% e case un 95% segundo as áreas sanitarias, que o Sergas reduce a unha media do 21,15%. No caso da área sanitaria de Vigo, o seguemento sería do 93%.

Segundo os datos facilitados por médicos convocantes deste paro, na área sanitaria de Santiago de Compostela o seguimento sitúase “nun 50%”, mentres que na da Coruña oscila “entre o 84 e 100%”, aínda que nalgún centro de saúde non a secundan.

Pola súa banda, destacaron o respaldo na área sanitaria de Vigo con “máis do 93%”, mentres que na de Pontevedra sitúan o seguimento por parte dos médicos de familia nun 75%. No caso concreto de Ourense, área con “máis unidades” e debido á dispersión na que algúns centros contan cun único facultativo, puntualizaron que nos centros grandes está nun 50%, mentres que os unitarios “é do 100%” porque, ao haber soamente un médico –que é servizo mínimo– “só ven urxencias”.

Mentres, o Sergas sitúa o apoio na xornada de mañá nos centros asistenciais de Atención Primaria nun 21,15 por cento do persoal total chamado á folga. Por estruturas organizativas, a Consellería de Sanidade sitúa o seguimento no 11,4% na EOXI de Ourense; no 12,3% na EOXI de Lugo; 16,9%, na EOXI da Coruña; o 20,1 na de Santiago; o 29,5% na de Ferrol, o 30% na de Pontevedra e o 34,8% en Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...